Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 1
Clasificación Genérica Acibechería; Artes plásticas; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
Objeto/Documento Bieiteira
Autor/a Anónimo [Posiblemente realizada nun taller compostelano]
Materia/Soporte Acibeche Negro
Técnica Talla
Pulido
Calado
Dimensiones Altura = 23,50 cm; Profundidade = 8,50 cm; Anchura = 10,50 cm
Descripción Excepcional obxecto litúrxico constituído por dous elementos perfectamente diferenciados: a pía propiamente dita e un corpo superior vertical estruturado a modo de retablo. A primeira, de formato hexagonal, presenta placas con calados e motivos abstractos nos laterais e vexetais, a base de rosetas, na fronte, así como unha ménsula troncopiramidal invertida ricamente decorada a modo de soporte. A parte superior estrutúrase en dous corpos de desigual altura e tratamento ornamental, separados por unha cornixa con dobre moldura lisa semellante ás que sobresaen do bordo e da base da pía. O inferior, máis achaparrado, amosa unha decoración central calada flanqueada por dúas columniñas de orde clásico. O superior, non obstante, conta con tres cunchas de vieira que delatan a orixe compostelá da peza, dispostas en vertical e enmarcadas por un ornamental arco de medio punto e dous niveis de pequenas columnas, dúas delas entorchadas. Bordeando o conxunto, a modo de gardapó, sitúanse ornamentais «eses» superpostas de xeito invertido. No reverso, unhas arandelas de suxeición, talladas no mesmo material, evidencian o seu carácter portátil.
Iconografia Símbolos xacobeos; Vieira
Datación 1501=1700 [Chamoso Lamas dátaa no século XVl. Parece máis tardía, do século XVll.]
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Contedor de auga bendita. O seu pequeno tamaño e a arandela que aparece no reverso para pasar un cordón fan pensar que se trata dunha pía bieita transportable co obxecto de poder ser levada ás casas.
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Exposición inaugural do Museo de Santiago e das Peregrinacións (xullo - Outubro 1965); planta baixa, vitrina lll, nº1. A viaxe de Cosme III de Medicis. San Martiño Pinario, Santiago de Compostela (15 de outubro 2004 a 17 xaneiro 2005). Gallaecia petrea: Cidade da Cultura de Galicia, Museo de Galicia, do 15 de xuño ao 15 de decembro de 2012.
Bibliografía CHAMOSO LAMAS, Manuel. Museo de las Peregrinaciones. Exposición inaugural: imaginería jacobea, orfebrería y otras artes, relacionadas con el culto a Santiago en Galicia, Año Santo compostelano, (Catálogo da exposición inaugural celebrada no Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, xullo-outubro 1965), Comisaría de la 1ª Zona del Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Naciona. 1966. 43, nº 11.

FRANCO MATA, Ángela. Pila benditera con decoración arquitectónica. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. pp. 461-462.

LÓPEZ CALDERÓN, Marica. Esculturas de acibeche= Esculturas de azabache. Gallaecia petrea: Cidade da Cultura de Galicia, Museo de Galicia, do 15 de xuño ao 15 de decembro de 2012= del 15 de junio al 15 de diciembre de 2012. Santiago de Compostela: Fundación Cidade da Cultura de Galicia, 2012. pp. 530-535.

MONTE CARREÑO, Valentín. El azabache: piedra mágica, joya, emblema jacobeo. Gijón (c): Picu Urriellu, 2004. p. 190.

PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Pia bieiteira. A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis: Museo Diocesano, Santiago de Compostela, 15 outubro 2004 / 17 xaneiro 2005, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 644-646.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6