Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 3
Clasificación Genérica Acibechería; Artes plásticas; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
Objeto/Documento Portapaz
Autor/a Anónimo
Materia/Soporte Prata Dourado
Acibeche
Técnica Gravado
Labra
Dimensiones Profundidade = 5,50 cm; Alto máx = 15,60 cm; Ancho máx = 9 cm
Descripción Portapaz constituído por unha placa de acibeche coa representación da Virxe do Pilar flanqueada por dous anxos axeonllados portadores de cirios. A Virxe coroada suxeita o Neno co brazo esquerdo e coa man dereita estendida sinala cara a abaixo. A placa de acibeche vai embutida nunha caixa de prata sobredourada que presenta polo anverso dúas bandas decoradas con punteado a xeito de piares rematados por senllos pináculos. O borde superior remátase en forma de piñón con crestería que se coroa cunha cruz latina. Todo o bordo interno da placa de prata decórase con ondas que funcionan como pestanas para a suxeición do elemento de acibeche. Polo reverso dispón dunha asa en forma de «S» para poder ser ofrecida aos fieis.
Iconografia Virxe do Pilar
Datación 1501=1525 (Comezos s. XVI)
Contexto Cultural/Estilo Gótico
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p)) [Posiblemente Santiago de Compostela]
Uso/función Litúrxico
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -El Mundo de las Creencias. Museo de Teruel. 24 de novembro de 1999 ó 15 de marzo de 2000. Organizada polo Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid e o Museo Teruel.
Clasificación Razonada A elaboración de pezas nas que se combina un metal con acibeche é bastante frecuente entre as producións dos acibecheiros composteláns. En moitos casos era a maneira de facer funcional algún obxecto, como é este o caso, ao dotalo dunha estrutura portante que posibilitase a súa fixación e permitise que cumprise coa función atribuída. A realización de portapaces acada un incremento entre os séculos XVI e XVII para desaparecer practicamente a finais do XIX ou principios do XX pola perda da tradición de dar a paz en público durante a celebración da misa e por cuestións de tipo hixiénico. O tipo máis estendido ofrece unha forma de pequeno retabliño cunha representación iconográfica piadosa, como é o caso da peza que nos ocupa. Na maioría das igrexas existían por parella, un para as mulleres e outro para os homes, e ofrecíase, no momento de dar a paz na celebración da misa, para que os fieis das primeiras filas, e de maneira simbólica, o bicasen en representación de todos os asistentes. Era frecuente que as mulleres bicasen portapaces con representacións de personaxes femininos e o contrario para os homes. Os portapaces de acibeche usábanse preferentemente durante as celebracións de Semana Santa ou en período de entredito, aínda que non exclusivamente.
Bibliografía MONTE CARREÑO, Valentín. El azabache: piedra mágica, joya, emblema jacobeo. Gijón (c): Picu Urriellu, 2004. p. 142.

PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Portapaz. El mundo de las creencias [catálogo da exposición]. Teruel: Diputación Provincial, Museo de Teruel, 1999. p. 196.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6