Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 313
Clasificación Genérica Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais; Metalistería
Objeto/Documento Cruz
Nombre Específico Cruz procesional
Autor/a Taller compostelán
Materia/Soporte Bronce [Cruz e apliques]
Ferro [Espigo e cravos]
Técnica Fundición
Dimensiones Longo = 4 cm; Alto máx = 50,50 cm; Ancho máx = 32,50 cm
Descripción Cruz en bronce de brazos rectos, expansións ovais e remates flordelisados. Carecede cadrón destacado e dispón dun espigo de ferro para enmangar nunha asta e cumprir así coa súa función procesional. Pola parte do anverso figura Cristo crucificado con tres cravos no que se representan, de xeito esquemático e estilizado, os resgos anatómicos, marcando esaxeradamente as costelas. Leva pano de pureza e coroa de espiñas. Tres vieiras esquemáticas nas que se marcan non obstante as costelas, o umbo e as orellas distribúense polos brazos da cruz, situadas unha a cada lado da man de Cristo e a terceira na parte central do brazo superior. Nos extremos do brazo menor representaríase a Anunciación da Virxe, estando esta na parte da esquerda e faltando na oposta o arcanxo Gabriel. Rematando o brazo maior unha representación que parece haber que interpretar como a Coroación da Virxe na que recibe do Fillo o cetro que a confirma como raíña do ceo, ratificado todo polo Espírito Santo que, a xeito de pomba, semella soster a escena.
Polo reverso figuran catro vieiras de idéntica factura ás do anverso, xeometricamente espalladas polos brazos da cruz, á altura da expansión ovalada de cada brazo.
Iconografia Parte central da cruz: Crucifixión; Vieira;
Brazo esquedo: Anunciación da Virxe;
Remato do brazo maior: Coroación da Virxe;
Sobre a pomba que representa o Espírito Santo María parece recibir o cetro de raiña do ceo por parte do Fillo.
Datación 1476=1525 (ca. 1500)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Litúrxico / devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004. -Luces de peregrinación. Sala de exposicións do Banco Herrero. Oviedo, do 26 de Xullo ao 26 de Octubro do 2004. -Os capítulos da irmandade. Peregrinaicón e conflicto social na Galicia do século XV, Capela do Pilar da catedral de Lugo - Casa Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, do 28 de xullo ao 28 de outubro de 2006. -Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Nos momentos finais do gótico realízanse en Galicia cruces procesionais de materiais moi diversos. As cruces realizadas en bronce proliferaron grandemente por tratarse dun material económico, duradeiro e mesmo reciclable. Na cidade compostelá existían artesáns dedicados á realización de obxectos litúrxicos para abasteceren a demanda dos centros relixiosos da capital, da diocese e tamén da arquidiocese.
A artesanía que en Compostela se encargaba da elaboración deste tipo de trebellos en cobre, bronce ou algunha aleación semellante era coñecida coa denominación de dinandería, en relación coa cidade belga de Dinant, ás beiras do río Mosa, onde había importantes artesáns do cobre e do bronce.
Bibliografía ARMAS CASTRO, Xosé. Cruz procesional. Os Capítulos da Irmandade: peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, Catedral de Lugo, capela do Pilar, Sala Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, 4 agosto-28 outubro, 2006, coordinación, Ofelia Gómez Estalote, Pablo Otero Rodal. Santiago de Compostela: S.A. Xestión do Plan Xacobeo, 2006. p. 78.

BARRAL RIVADULLA, Dolores; CENDÓN FERNÁNDEZ, Marta. Cruz procesional. Luces de peregrinación: sede real y sede apostólica [exposición], coordinado por Pablo León Gasalla, Javier Santullano. Oviedo: Consejería de Cultura, Comunicación Social y Turismo, 2004. pp. 267-268.

SINGUL, Francisco. Cruz procesional. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 212 - 213.

SINGUL, Francisco. Cruz processional [Trabalho de Santiago de Compostela]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 128-[129].
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6