Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 630
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Escultura; Obxectos de Arte
Objeto/Documento Escultura
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición [Fundición á cera perdida]
Dimensiones Longo = 4,80 cm; Altura = 5,30 cm; Anchura = 1,60 cm
Descripción Pequena escultura en bronce realizada mediante fundición á cera perdida que representa un touro coa cabeza ergueita e lixeiramente volta cara a dereita, cornos aínda curtos, rabo levantado e caíndo sobre os cuartos traseiros, ampla papada marcada con pregues que se prolongan desde o queixal ata o peito, resgos que lle outorgan un aspecto dun animal de curta idade pero rexo e poderoso. A representación da pata anterior dereita levantada e das traseiras situadas en planos distintos indican que figura se representa ao paso. Presenta unha pátina verdosa bastante uniforme.
Esta peza procede das escavacións realizadas no ano 1981 na Colexiata de Iria Flavia por Manuel Chamoso Lamas.
Iconografia Touro; Apis
Datación 301=500
Contexto Cultural/Estilo Tardorromana
Uso/función Devocional.
Lugar de Procedencia Iria (Santa María)
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: - Los bronces romanos en España, Palacio de Velázquez, Madrid, maio-xullo,1990. - Galicia Terra Única. Galicia castrexa e romana, Lugo, 1997. - A gandería. O tesouro dos galegos. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela. Outubro 2004- 7 de xaneiro de 2005.
Clasificación Razonada Polas característica morfolóxicas desta peza, e seguindo a clasificación tipolóxica que realiza Furtwängler a principios do s. XX, vénse asimilando esta pequena escultura coa representación do Boi Apis, a pesar de carecer doutros resgos distintivos secundarios e definitorios como o crecente luar na cabeza, as ás dun voitre no lombo, etc. Deste xeito sería unha evidencia da presenza de cultos orientais en Galicia, traídos en boa medida por lexionarios e documentados nas contornas de asentamentos militares. Non obstante, esta opinión non é unánime entre todos os investigadores. Algúns consideran que se trata dunha simple plasmación dun exvoto coa representación dun touro que tería como finalidade a de servir de ofrenda. Esta peza procede das escavacións realizadas no ano 1981 na Colexiata de Iria Flavia por Manuel Chamoso Lamas.
Bibliografía BLANCO FREIJEIRO, Antonio. El buey Apis en Iria Flavia (Padrón, La Coruña). Gallaecia, nº 7-8 (1984). pp. 261-268.

Galicia castrexa e prerromana: [exposición] Galicia Terra Única: Lugo. Lugo (m): 1997. p. 239.

Los bronces romanos en España, [exposición], mayo-julio 1990, Palacio de Velázquez, Parque del Retiro, Madrid. Aznar, Mercedes(coord); Gaztelu, Luz(coord); Yllán, Concepción(coord). Madrid: Ministerio de Cultura, 1990. p. 223, n. 112.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6