Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003907
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Dionisos e Ampelos
Materia/Soporte Mármore
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 62 cm; Altura = 93 cm; Profundidade = 41 cm
Descripción Escultura de vulto redondo que representa dúas figuras masculinas núas, á maior das cales fáltalle a cabeza e o brazo dereito dende pouco máis abaixo do ombro. O grupo interprétase como Dionisos ebrio asistido polo sátiro Ampelos -a vide-, tema mitolóxico que deriva de modelos helenísticos e do que existen numerosos paralelos.
A figura de Dionisos describe no seu contorno un lixeiro S que evoca ritmos praxitélicos, descansando o peso do corpo sobre a perna esquerda mentres a dereita aparece levemente flexionada. O brazo esquerdo disponse sobre o ombro de Ampelos, quen a súa vez cingue co seu brazo dereito a figura de Baco, apoiando a man aberta sobre a súa espalda, ao tempo que ergue a cabeza cara o deus.
A consecución da estabilidade de ámbalas figuras conséguese mediante a presenza na parte traseira dun groso tronco de árbore adherido á perna esquerda de Dionisos e sobre o que, sentado a carranchapernas, descansa o sátiro, a cuxos pés encóntrase unha caixa cilíndrica coa tapadeira aberta.
A obra chegou ata nós extremadamente erosionada o que non permite apreciar os detalles do seu tratamento, senon tan só as formas xerais da mesma.
Iconografia Dionisos e Ampelos
Datación 201=300
Contexto Cultural/Estilo Imperio Romano
Uso/función Decorativo
Lugar de Procedencia Mourazos (San Martiño)
Lugar Específico/Yacimiento A Muradella
Historia del Objeto Foi adquirida a Vicente Torres García por mediación de Xesús Taboada Chivite
Clasificación Razonada Constitúe unha peza excepcional dentro da plástica romana de Galicia, tanto polo seu material -son moi poucos os exemplares de mármore- como pola súa formulación clasicista, de inspiración culta.
García Bellido sostén que se trata dunha interpretación sobre un modelo en bronce pola presenza do tronco de árbore, o que condiciona a posición do sátiro quen debera estar de pé sostendo ao deus. Suxire tamén a inspiración nun relevo ou pintura polo modo en que está resolta a parte traseira do grupo. Estas peculiaridades levan a Balil a propor que estamos ante unha obra non de arte culto, senon dunha realización artística provincial, considerándoa unha peza importada que proviría dun posible centro de produción aquitano ou itálico.
O contexto arqueolóxico en que foi achado, xunto con fragmentos doutra escultura, documenta a existencia dunha villae, datable no século III d.C., nunha de cuxas estancias estaría a presente escultura como elemento decorativo.
Atopouse no castro da Muradella, cerca de Mourazos, Verín, onde se evidenciaron signos de romanización. Resulta interesante que este tema xurdise como plasmación no ámbito rural, pois revela a existencia de persoas con gustos e coñecementos clásicos que nos levan a xentes non indíxenas ou nativos moi romanizados, tal vez algún empregado da administración imperial existente.
Este conxunto hai que poñelo en relación, tanto estilistica como cronoloxicamente, coa escultura dunhos pés (Nº de Inventario: CE003995) procedente do mesmo lugar.
Bibliografía ACUÑA CASTROVIEJO, F. A escultura da Gallaecia. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. Santiago de Compostela: 1997. pp. 238-245.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Escultura galaico-romana. Actas de la I reunión sobre escultura romana en Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1993. pp. 195-202.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Las formas del arte provincial romano en Galicia. En: VV.AA.. La romanización de Galicia. Coruña (A) (l): 1976. pp. 63-76 e 85-92; Cuadernos del Seminario De Estudios Cerámicos de Sargadelos, 16.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Arqueoloxía da Galicia román. 1980. Evolución Cultural de Galicia (Ciclo de conferencias), Vigo.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Aspectos artísticos. O mundo castrexo e romano. 1991. pp. 461-471; Prehistoria e Historia Antiga de Galicia. Galicia Historia I, Ed. Hércules, A Coruña.

ARIAS VILAS, F. A romanización de Galicia. Vigo (m): A Nosa Terra, 1992. pp. 123-124.

BALIL ILLANA, A. Escultura de época romana en Galicia (aspectos y problemas). Revista de Guimarães. Guimarâes: 1978, pp. 147-157; LXXXVIII .

BALIL ILLANA, A. Esculturas romanas de la Península Ibérica III. Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA. Valladolid: 1979, XLV. pp. 227-257.

BALIL ILLANA, A. Sobre las esculturas de época romana en Galicia. Studia Archaeológica. Valladolid: 1974, pp. 43-48; XXXII.

CEGARRA, B. Guía da arte de Galicia. Vigo (m): Editorial Galaxia, 1992. pp. 95-97.

CONDE SÁNCHEZ, M. Dionysos e Ampelos. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 11/1999. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_1999_11_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

DÍEZ PLATAS, F. Baco en el jardín: sobre el llamado grupo de Mourazos. Porta da Aira. Ourense (l): 2006, 11. p. 215.

DÍEZ PLATAS, F. Las huellas de Dioniso. Breviario de imágenes paganas: la iconografía de los dioses y el mito en la Galicia romana. Profano y pagano en el arte gallego. Universidade de Santiago de Compostela, 2003. pp. 207-251; SEMATA, 14.

FARIÑA BUSTO, F. Dionysos e Ampelos. Mourazos. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. pp. 122-123.

FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. pp. 82-103; Orense, II, Diputación Provincial.

FARIÑA BUSTO, F; CALO LOURIDO, F. Escultura romana. pp. 125-132; Gran Enciclopedia Gallega, 10.

GARCÍA Y BELLIDO, A. Esculturas romanas de Galicia. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1969, XXIV.pp. 27-30.

IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. pp. 27-28; Orientación didáctica - guía escolar, Vigo.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Historia del arte romano en Galicia. 1993. p. 438; Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña.

TABOADA CHIVITE, J. Excavaciones en la Muradella (Mourazos - Verín). Noticiario Arqueológico Hispánico. Madrid: 1966-1968, X-XIIp. 190.

TABOADA CHIVITE, J. Grupo escultórico romano de Mourazos. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1964, XIX. pp. 137-142.

TABOADA CHIVITE, J. Escultura celto-romana. 1965. pp. 35-36; Cuadernos de Arte Gallego, nº 3, Editorial Castrelos, Vigo.

VÁZQUEZ VARELA, J. M. Arte romano. Historia del Arte gallego. Madrid: Editorial Alhambra, 1982. pp. 57-59.

VV.AA.. Cántabros, astures y galaicos. Bimilenario de la conquista del Norte de Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1981. pp. 73-74.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 93-95; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6