Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-708
Clasificación Genérica Artes plásticas; Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Taller galego
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Granito
Técnica Labra
Policromado
Dimensiones Longo = 21 cm; Alto máx = 81 cm; Ancho máx = 24 cm
Descripción Figura masculina estante unida a unha peaña cadrada representando ao apóstolo Santiago o Maior .Veste unha roupiña exterior de cor vermello que deixa ao descuberto os nocellos. Ten mangas curtas que deixan ver por debaixo as mangas doutra vestimenta de cor máis claro,posiblemente xibón, que tamén asoma pola abertura do escote. A vestimenta ofrece un tratamento sinxelo a base de pregues verticais ondulados, paralelos e de escaso relevo. Na súa man dereita suxeita un bordón de peregrino que chega ata a altura dos ombreiros e se decora con dous pomos. Coa man esquerda terma dun libro aberto coa intención de amosar o seu contido. Sobre a roupiña e colgando do costado esquerdo porta unha escarcela de tendencia rectangular e cor escura decorada cunha cuncha de vieira carnosa e naturalista e rematada con flocos no bordo inferior. A correa de suxección deste zurrón represéntase pintado sobre a túnica en bandoleira. Cubre a cabeza cun sombreiro, tipo bonete, coa aba levantada na fonte onde figura outra vieira. O tratamento da faciana harmoniza co hieratismo do resto da figura. Calza uns borceguíns de cor escura.
Presenta unha policromía na que predominan os tons vermellos e negros, así como os tons carne para a faciana e as mans.
Estilisticamente parece presentar un tipo iconográfico de transición entre as producións románicas, tardorrománicas e románicas retardatarias que marcarían o comezo dun tipo de representación esudado para que o Apóstolo fose rapidamente polos seus fieis tamén como peregrino.
A escultura está sen traballar pola parte traseira o que indica a súa utilización adosada.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1300-1500 (S. XIV-XV)
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Galicia (España, Europa do Sur)
Uso/función Devocional
Lugar de Procedencia Galicia
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: - España medieval y el legado de Occidente. Museo Nacional de Antropología y Museo Nacional de Historia. Castillo de Chapultepec, México D.F., del 27 de octubre de 2005 al 16 de febrero de 2006. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007. San Francisco. Peregrino y nuevo apóstol, Palazzo Bonacquisti, Asis (Italia), do 22 de agosto ao 20 de outubro de 2013.
Clasificación Razonada O Camiño de Santiago serviría de transmisor das novas tendencias artísticas e ideolóxicas que parecen nacer en Francia a partir da segunda metade do séuclo XIII en relación coa figura de Santiago o Maior. O Apóstolo comeza a asemellarse cada vez máis á xente da rúa e comeza a vestirse á moda do momento. Substitúese da súa indumentaria a túnica e o manto apostólicos e mesmo comeza a tomar o aspecto e utiliza os atributos dos propios peregrinos que se achegan á súa tumba. Frecuentemente aparece utilizando unha dobre túnica, a exterior máis curta e adopta un aspecto máis centípreto. A dobre túnica aparece principalmente en obras francesas, especialmente as elaboradas nos obradoiros de París, dende principios do século XIV, recollendo un cambio de gusto imposto pola burguesía da época. As esculturas en prata de Santiago Peregrino ofrecida por Gaufridus Coquatrix (s. XIV) ou a de Johannes de Roucel (s. XV), ambas as dúas de obradoiros parisinos e conservadas no Tesouro da Catedral compostelá, representarían exemplares introductores en Galicia desta nova maneira de vestir e que serían obxecto de imitación por obradoiros ao longo de todo o Camiño de Santiago, producindo pezas tanto populares como de corte clásico e refinado.
Bibliografía GIGIREY LISTE, María Esperanza. Santiago peregrino [Escola espanhola]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 170-172.

Pellegrino e nuovo apostolo: San Francesco nel Cammino di Santiago, Palazzo Bonacquisti, Assisi, dal 22 agosto al 20 ottobre 2013. Singul, Francisco(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2013. Cat. páx. 586; fig. pp. 68, 252.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 19/10/2004
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6