Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-827
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Dueñas de Mendívil, Georgina [Concluíu a obra tralo falecemento do seu marido Hilario Mendívil]
Mendívil, Hilario
Título Patrón Santiago
Materia/Soporte Tecido
Xeso [Tal vez por ir destinada a un ámbito distinto, a peza non se fixo coas pastas características destes talleres, feitas de materiais propios da tradición indíxena e mestiza e ausentes da tradición europea, como son as fariñas de pataca, arroz, e chuño.]
Madeira [Normalmente, as madeiras que se usan son de orixe local, como a balsa ou o maguei.]
Fibra [Para figurar a cola e as rendas do cabalo úsase fibra de orixe sintética, de natureza plástica.]
Técnica Policromado
Dourado
Dimensiones Longo = 11,50 cm; Alto máx = 52 cm; Ancho máx = 25 cm
Descripción Figura ecuestre do Apóstolo Santiago, que corresponde coa imaxe de Santiago Matamouros.
Unha figura, deitada sobre o costado e tratando de protexerse alzando un brazo, representa ao "herexe", ataviado con roupa que lembra ás representacións europeas do "oriental": leva botas, túnica ata os pés, e capa curta con carapucha cubríndolle a cabeza. Sobre él, montado no cabalo branco en posición de corveta, está Santiago. O Apóstolo represéntase vestido de modo que fai pensar na moda masculina dos séculos XVII ou XVIII: botas, polainas, faixa, chaleco, casaca, colo de encaixe, capa e sombreiro (que orixinalmente contaba con penacho de plumas) de aba ancha; pelo longo, barba e fino bigote. Cunha man terma das rendas, mentres alza o outro brazo.
Iconografia Santiago Matamouros
Datación 09/1992
Lugar de Producción/Ceca Cusco (Cusco (provincia), Cusco (departamento)) [A familia Mendívil tiña establecido o seu taller no barrio de San Blas, que se caracteriza precisamente por ser o núcleo principal de produción destas artesanías.]
Uso/función Devocional.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Mosteiro de San Martiño Pinario
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Santiago e América, San Martiño Pinario, 1 de marzo a 31 de maio de 1993. A escultura foi encomendada ao artesán para formar parte da devandita exposición. Don Hilario Mendívil faleceu antes de finalizar a obra, e foi a súa esposa, Dona Georgina Dueñas, quen a rematou.
Clasificación Razonada A escultura inscríbese no contexto da arte andina de carácter popular. A arte do que foi o Virreinato do Perú ten influencias da arte flamenca, da italiana, sobre todo do Manierismo, e da arte española, das escolas do Barroco sevillano e madrileño. A elo únese o substrato indíxena ou mestizo, que se fai máis evidente nas producións do altiplano. A manifestación máis diferenciada da arte andina dáse durante o século XVIII, no estilo chamado Barroco Mestizo, do que Cuzco foi núcleo importante en no que artistas de orixe indíxena e mestizo son protagonistas.
A arte andina sigue unha liña relativamente homoxénea ata que comezan os procesos de independencia. A partir deste momento, durante o século XIX, as élites evitan a influencia hispánica adoptando o Neoclasicismo, de maneira que as expresións que beben da tradición do Barroco e do Barroco Mestizo manteranse só no ámbito popular. No século XX, estes estilos perviven na práctica dos santeiros do barrio de San Blas en Cuzco.
Este arte amosa a fusión das tradicións europea, española, e indíxena e mestiza, de varias maneiras. Primeiramente, dende o punto de vista iconográfico, a importancia da representación de Santiago é un exemplo de sincretismo, xa que a súa imaxe fusionouse coa de Illapa, deus prehispánico do raio. Formalmente, o pequeno tamaño da peza inscríbeo na tradición de miniaturas iniciada no Barroco; por outra banda, vése un uso simbólico da escala na representación das figuras, que predomina sobre a pretensión de realismo, o cal é característico da arte indíxena e mestiza. A estes trazos debe engadirse a interpretación persoal do tema que ofrecen os Mendívil, sendo moi características as proporcións alongadas da figura humana.
Bibliografía KUON ARCE, Elizabeth; FLORES OCHOA, Jorge. Patrón Santiago. Santiago e América: [catálogo da exposición] Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 1993. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Xuventude, 1993. p. 417.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 22/01/2007
Catalogación González Fernández, Clara
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6