Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-782.121/120
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: alimentación; Alimentación; Consumo
Objeto/Documento Xerra
Nombre Específico Xerra trilobulada
Materia/Soporte Barro cocido Gris [Arxila/ Pasta pouco traballada groseira micácea pouco compacta de fractura fácil pouco decantada con abundantes elementos non plásticos de mica e cuarzo. Pasta gris e exterior variable, predominando o gris. superficie interior gris.]
Técnica Torno [Peza feita a torno lento]
Dimensiones Longo = 28,50 cm; Diámetro boca = 16,40 cm; Diámetro base = 14,50 cm; Altura = 28,50 cm
Descripción Xerra trilobulada. Corresponde a unhas das formas dentro desta olaría plenomedieval caracterizada por desenvolver cacharros de uso común, principalmente para cociña, pero neste caso destinada a almacenaxe e mesa. Esta cerámica gris corresponde a un tipo de produción local, caracterizada precisamente polas súas pastas grises micáceas, que nace no século XI e perduran nos séculos baixomedievais. Trátase dun recipiente de perfil
pechado adicado ao transporte e almacenamento de líquidos (de feito, apareceu depositado en contexto aparentemente primario no interior dun dos pozos da leprosería de San Lázaro). O recipiente presenta fondo plano, corpo globular, colo cilíndrico estrangulado lixeiramente irregular, bordo exvasado. Ten asa vertical de fita situada entre a parte inferior do bordo e a metade da panza. Na boca presenta pico vertedor que lle dá ao recipiente esa característica forma trilobulada con bordo exvasado con beizo entre redondeado e plano. Presenta pasta gris pouco traballada, de grosor medio, micácea, con desengraxantes non plásticos de mica (que aflora á superficie en forma de péquenas láminas) e seixo de grosor variable, mal calibradas. Pasta pouco compacta, con numerosas vacuolas, de fractura fácil. Presenta decoración impresa a base de dixitacións (no interior do bordo e no exterior da peza, no colo) e incisa en pequenas incisións rectas no exterior da asa. Parece realizada a torno rápido ou alto, debido á certa homoxeneidade do perfil, e ausencia de afundimento das paredes do corpo do fondo e outros rasgos, aínda que unha certa irregularidade do colo fai dubidar acerca dun uso perfeccionado da torneta. Respecto do tratamento externo recibiu un certo acabado regularizado mediante un tratamento das superficies que parece chegar case a un certo pseudobruñido ao perderse o tacto rugoso destas producións. A superficie interior está tosca, sen acabado, agás no interior do bordo, con decoración. Presenta unha pequena perforación no colo, á altura da asa, quizais como medida de referencia dalgunha cantidade de líquido.
Datación 1176=1300 (Séculos XII (1149 data de fundación do hospital de leprosos, con igrexa e necrópole asociada) a XIII.)
Contexto Cultural/Estilo Idade Media [Plena Idade Media]
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Almacenamento e trasvase de líquidos
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento San Lázaro
Clasificación Razonada O tipo de recipiente parece ser bastante frecuente nos momentos centrais da Idade Media (séculos XI-XIII) e non soamente na comarca compostelá. Comparte con outras producións as características pastas grises (en aparencia pouco coidadas, pero posiblemente moi resistentes a golpes, rozaduras e mesmo cambios de temperatura), que serán moi abundantes no rexistro arqueolóxico mesmo da Baixa Idade Media.
O tipo de xerra bicuda mantívose na olería tradicional galega e aínda existen formas moi semellantes para conter líquidos, principalmente viño.
Esta peza foi localizada no interior dun pozo no transcurso da escavación arqueolóxica levada a cabo no lugar onde se atopaba o antigo Hospital dedicado a leprosos no barrio compostelán de San Lázaro, á entrada da cidade, nas inmediacións do Camiño Francés. O referido Hospital foi fundado en 1149 (escritura fundacional de 28 de decembro) por Afonso de Anaya e a súa muller Adosinda Menéndez, xunto con Pedro Pardo, cóengo da basílica compostelá, e Pedro, prior da igrexa de Santa María a Real do Sar para ...elefanciosi canonici et alii quos ipse prior receperit vel ejus successor, prout melius judicaverit.
A intervención arqueolóxico levouse a cabo entre 2000 e 2002 baixo a dirección de Andrés Bonilla Rodríguez.
Bibliografía BONILLA RODRÍGUEZ, Andrés. Excavación arqueológica en área previa a la construcción de un edificio administrativo y vial interior en San Lázaro (Santiago de Compostela). 2005.

BONILLA RODRÍGUEZ, Andrés; CÉSAR VILA, Mario. Excavación arqueológica en área en el solar de la antigua capilla y lazareto medieval de S. Lázaro (Santiago de Compostela, A Coruña). Gallaecia, nº 24 (2005). pp. 219-242..

CÉSAR VILA, Mario; BONILLA RODRÍGUEZ, Andrés. Estudio de los materiales cerámicos del Castelo de A Lúa (Rianxo, A Coruña). Gallaecia, nº 22 (2003). pp. 297-367.

SUÁREZ OTERO, José; GIMENO GARCÍA-LOMAS, Rosa; FARIÑA BUSTO, Francisco. La cerámica medieval en Galicia. La cerámica medieval en el Norte y Noroeste de la Península Ibérica: aproximación a su estudio, coord. por Ramón Bohigas Roldán y José Avelino Gutiérrez González. León: Universidad de León, 1989. pp. 285-302.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 29/07/2005
Catalogación Arce Méndez, Alejandro; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6