Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-940
Clasificación Genérica Artes plásticas; Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Hegenauer, Felizian (Lugar de nacimiento: Austria, 27/01/1692) [Felizian Hegenauer é o membro máis destacado dunha saga de escultores, e sen dúbida o máis sobresaínte desta escola que traballa en Baviera. As súas obras abondan en igrexas católicas desta parte meridional de Alemaña, e tamén en museos.]
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dourado
Policromado
Dimensiones Longo = 27 cm; Alto máx = 99 cm; Ancho máx = 37 cm
Descripción Sobre unha peaña cadrada de reducidas dimensións, aparece representado Santiago o Maior cos atributos propios do peregrino. A imaxe amosa unha marcada composición en "S" que só se ve interrompida pola suave inclinación da cabeza cara a esquerda do espectador, centrando a atención na posición das mans cruzadas á altura do ventre que suxeitan contra o corpo un alongado bordón de dobre pomo, disposto en sentido oblicuo co obxectivo de romper compositivamente coa sinuosidade derivada do contraposto da figura. Veste unha túnica longa de corte monacal de tonalidade acastañada, axustada na cintura cunha correa e rebordada en pan de ouro a xogo cunha esclavina dourada de escote redondo decorada con dúas carnosas vieiras a cada lado. Esta prenda aparece levantada artificiosamente nos extremos inferiores deixando ver o revés da mesma coa clara intencionalidade de xerar movemento, un rebuscado dinamismo que tamén se pretende acadar na roupa mediante a combinación de superficies planas e lisas co discreto xogo de pregues producidos polo adiantamento da perna dereita con respecto á traseira.
Completan a indumentaria unhas calzas negras, a tradicional cabaza, un paternóster rematado cunha dobre cruz, así como un curioso elemento de configuración esférica con expansión que tal vez faga referencia a unha nova cabaza, esta vez en flor. Finalmente, conta cun amplo sombreiro de aba volta que colga sobre a parte dereita do costado do Apóstolo, ornamentado cunha vieira central flanqueada por dúas parellas de pequenos bordóns cruzados en aspa e outra vieira máis na copa. Outra vieira, estratexicamente situada para ser vista polo público, decora tamén a súa copa.
En canto á cabeza, ao presentarse descuberta, permítelle ao artista deterse na recreación das ondas do pelo e nos rizos da barba bífida. A mirada perdida, etérea, esaxerada pola dimensión un tanto excesiva dos ollos, imprime á figura dun halo beatífico e místico acentuado pola forma dos beizos e a dozura das faccións.
A parte posterior da peza non está traballa debido a que formaba parte dalgún retablo polo que está escavada e baleirada para reducir peso e volume e evitar ao mesmo tempo a aparición de gretas. Sen embargo, conserva algo moi valioso e excepcional: a firma do autor e a data: "H G . V . 1730", en letra capital cadrada, cos seus ápices perfectamente tallados.
Iconografia Santiago Peregrino
Firmas/Marcas/Etiquetas Na parte posterior., Talla, Alemán, Letra capital cadrada
Hegenauer, Felizian (1730)
H G . V . 1730 (H(e)G(enauer). O V é posible que se corresponda co grafema F (Velizian = Felizian), habitual na escritura da época en Alemaña onde a fricativa labiodental xorda F se confunde coa fricativa labiodental sonora V. Cabe igualmente a posibilidade de que estea a representar a acción da execución da obra, equivalente ao fecit, que neste caso podería corresponder co termo verwirtklichen (realizar), vollbringuen (executar), ou algún semellanate.
1730 corresponde á data de realización da peza.)
Datación 1730
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Baviera (Alemaña, Europa Occidental) [Posiblemente Baviera. Según la información recibida, la pieza procede del Sur de Alemania, más concretamente de la zona de Altmühltal, cerca de Greding (Baviera) que es precisamente la zona en la que (Johann) Felizian Hegenauer y su círculo de escultores trabajan.]
Uso/función Devocional. Seguramente realizado con destino ao culto nunha igrexa, formando parte dun retablo; por esa razón, a parte traseira da escultura está sen traballar.
Descriptores Geográficos Baviera
Lugar de Procedencia Baviera
Historia del Objeto Esta escultura formou parte da colección do Príncipe Clemens de Baviera.
Clasificación Razonada As características técnicas e estilísticas que presenta esta peza encaixan perfectamente coa produción deste escultor bávaro desenvolvida con posterioridade a 1725, toda vez que as figuras abandonan a rixidez presente nas primeiras obras para deixarse levar polo movemento que a partir de entón infunde ás súas creacións. Esta peza amósanos, por tanto, o paso á segunda etapa do artista (que abrangue as décadas de 1730 e 1740), moito máis rica e caracterizada polo alongamento das proporcións corporais así como polo tratamento manierista das imaxes apreciable, neste caso, na propia cara de Santiago. Se embargo, tamén se pode apreciar o gusto polo realismo na representación da estrutura ósea baixo a pel da cara e das mans e mesmo no tratamento anatómico daquelas partes, como a perna dereita do Apóstolo, que están en contacto coa roupa.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 28/11/2008
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6