Foto: Iago Rodríguez Vázquez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-851
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Escola hispano-flamenga
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dourado
Policromado
Dimensiones Longo = 22 cm; Alto máx = 86 cm; Ancho máx = 28 cm
Descripción Escultura representando a Santiago o Maior caracterizado como peregrino. Veste túnica dourada e longa que se cingue á cintura cunha correa e se abotoa na parte superior deixando ver unha camisa da mesma cor. Amplo manto de tons dourados con forro verde, suxeito á altura do peito cun prendedor e terciado na parte dianteira, que se organiza en arestados e quebrados pregues que lle dan movemento polo xogo de volumes, luces e sombras. Pés descalzos, coa man dereita terma dun curioso bordón a xeito de vara de mando con empuñadura arestada rematada en pomo, mentres que coa esquerda suxeita un curioso e traballado libro de tipo "talega" no que se marcan as nervaduras da encadernación e se decora cunha vieira naturalista policromada. Cubre a cabeza cun característico sombreiro que semella ser de palla trenzada, de aba volta rematado en punta na fronte onde se decora cunha vieira esquemática. Cabelo en melena organizada en suaves rizos que caen sobre os ombreiros, barba afeitada policromada e demais resgos (boca, nariz e ollos) tratados con gran naturalidade o que lle outorga un aspecto sereno que harmoniza co mesurado da postura do resto do corpo. A parte posterior da escultura está sen traballar o que parece indicar a súa colocación nun retablo.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1476=1550
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Loci Jacobi. Lugares de Santiago . Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense, do 24 de novembro de 2010 ao 9 de xaneiro de 2011. Loci Iacobi. Lugares de Santiago . Museo de Arte Sacra de Grândola (Portugal), do 5 de febreiro de 2011 ao 21 de marzo de 2011. Loci Iacobi Lugares de Santiago . Hôtel-Dieu, Le Puy-en-Velay (Francia), do 31 de marzo de 2011 ao 31 de maio de 2011. Libros para un peregrino. II Concurso Internacional de diseño y Encuadernación. Museo das Peregrinacións e de Santiago, Santiago. 22 de marzo ao 25 de septembro de 2011.
Clasificación Razonada O aspecto estilístico dos pregados, a organización do cabelo e a tipoloxía do sombreiro, indícanos unha adscrición artística a obradoiros casteláns e unha forte influencia estilística de orixe flamenga. Pero o valor primordial está na aparición non frecuente da encadernación que porta Santiago xa que non se trata da común aparición do Libro Sagrado aberto ou pechado como na maioría das representacións artísticas, senón dun tipo singular de encadernación chamada talega e que tamén se coñece como libro de peregrino. Este nome víñalle dado precisamente porque se trataba dunha encadernación especial para transporte dunha especie de libro de peto apta para ser transportado por viaxeiros e camiñantes.
Estes libros de peregrino foron moi utilizados entre os séculos XIV e XVI. Constaban dunha funda de recubrimento sobre a orixinal de coiro ou pergameo do propio libro de xeito que se pechaba xeralmente cara ao bordo superior mediante un anel para pendurar da correa da cintura ou simplemente suxeitar cunha man, aínda que existían variantes. Era utilizada por monxes para levar breviarios, damas da nobreza para transportar libros de horas ou comerciantes para os seus libros de contas. A finais do século XVI desaparece progresivamente este tipo de encadernación coa maior difusión do libro experimentada dende a aparición do libro impreso. Hoxe en día non quedan no mundo máis dunha ducia de exemplares dos milleiros que deberon existir, tendo constancia de que moitos deles deberon ser desprovistos deste tipo de fundas. O seu uso sen embargo pode seguirse a través da escultura, da pintura ou do gravado da época.
Bibliografía DOMÍNGUEZ PALLAS, Désirée. Santiago Peregrino [Escola hispano-flamenga]. Loci Jacobi= Lieux de Saint Jacques= Lugares de Santiago [exposição], José António Falcão (dir.). Beja: Departamento do Património Histórico e Artístico da Diocese de Beja, D.L. 2011. pp. 46-47.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 26/07/2007
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée
| más imágenes |

Foto: Iago Rodríguez Vázquez

 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6