Foto: Iago Rodríguez Vázquez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1015
Clasificación Genérica Pratería; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Taller mexicano
Título Sagrada Familia Peregrina
Materia/Soporte Prata
Técnica Relevado
Cicelado
Fundición
Gravado
Dimensiones Grupo escultórico: Longo = 58 cm; Alto máx, = 48 cm; Profundidade = 32 cm
Descripción O grupo escultórico está composto por tres figuras: María, Xosé e o Neno Xesús, realizadas en lámina de prata repuxada e soldada. Presentan unha vestimenta moi semellante a base de amplas túnicas (longa a da Virxe, curta a dos varóns) que se cinguen á cintura cunha correa sobre as que se dispón a esclavina decorada cunha vieira en cada lapela. Tamén aparecen ataviados con sombreiros de copa semiesférica, ampla aba volta e desmontables, ornamentados cunha ou dúas cunchas segundo o modelo. San Xosé suxeita ademais, coa súa man esquerda, un cesto tamén desmontable en alusión, posiblemente, ao milagre da palma dos xustos. Portan, igualmente, o seu correspondente bordón rematado en curva a xeito de bastón e a respectiva cabaza.
As tres figuras aséntanse sobre unha peaña decorada nos laterais con faldróns ateigados de rolos e tornapuntas que se dispoñen en torno a un escudo central. Nas catro esquinas aparecen patas fitomorfas coroadas por querubíns.
Iconografia Sagrada Familia Peregina
Datación 1776=1800
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Puebla de los Ángeles [Probable lugar de producción.]
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Puebla de los Ángeles
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Loci Jacobi. Lugares de Santiago . Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense, do 24 de novembro de 2010 ao 9 de xaneiro de 2011. Loci Iacobi. Lugares de Santiago . Museo de Arte Sacra de Grândola (Portugal), do 5 de febreiro de 2011 ao 21 de marzo de 2011. Loci Iacobi Lugares de Santiago . Hôtel-Dieu, Le Puy-en-Velay (Francia), do 31 de marzo de 2011 ao 31 de maio de 2011. San Francisco e a memoria do Neno Xesús. Beléns e escenas de Nadal na cultura barroca, Capela do Pilar da Catedral de Santiago de Compostela, do 20 de decenbri de 2013 ao 31 de xaneiro de 2014.
Clasificación Razonada Este grupo escultórico responde a modelos bastante frecuentes na arte colonial (non tanto en pratería) saído, posiblemente, dos obradoiros novo hispanos de Pobra dos Anxos, cunha influencia bastante clara en tipos procedentes de talleres hispano-filipinos que chegarían a estes territorios produto do comercio que chega a través do Galeón de Manila para, desde México, proseguir a súa distribución por outros lugares do Imperio.
En canto á representación iconográfica do tema da Fuxida a Exipto, convén sinalar que se vén considerando como a primeira peregrinación do mundo cristián. Trátase dunha peregrinación forzada na que unha familia (María, Xosé e o Neno Xesús) se ve obrigada a fuxir do territorio xudeu para protexerse en terras exipcias e poñerse a salvo da persecución de Herodes que acabaría coa Matanza dos Inocentes.
Esta viaxe ten o seu paralelo precristián co efectuado por Xosé, a quen seguirían despois os restantes fillos de Jacob e as súas tribos de Israel que permanecerían en Exipto ata que Moisés, obedecendo o mandato divino, inicia o regreso á Terra Prometida do pobo hebreo. A escasa información que se recolle no Novo Testamento (Mateo 2.13-15) acerca da viaxe que emprende María, Xosé e Xesús cara territorio exipcio non da pé para introducir máis elementos que os tres personaxes participantes. Do Antigo se constata a presenza do asno como transporte e, posteriormente, como consecuencia da información extraída de narracións apócrifas ou de piadosas interpretacións realizadas a raíz de aquelas, aparecerán, principalmente, anxos encargados de facer máis seguro e amena a viaxe e, sobre todo, introduciranse elementos paisaxísticos que forman parte da tradición que se foi tecendo ao redor desta narración, tal e como sucede coa presenza da palmeira ou do campo de trigo, consecuencia, en ambos os dous casos, de sendos miragres que formarán parte do entorno apócrifo do relato bíblico. Na escultura, non obstante, as representacións no acostuman ser tan prolixas en detalles.
Así mesmo, da breve narración de Mateo sábese que a Fuxida tería lugar inmediatamente despois de que os Magos de Oriente iniciasen o seu regreso, o que implicaría que o Neno contaría cunha idade moi reducida. Por iso poden chamar a atención representacións como a desta peza nas que Xesús se caracteriza cunha idade aproximada de entre 5 e 6 anos. Hai que ter en conta tamén, que nesta recreación bíblica se produce unha simbiose con outro tipo iconográfico igualmente frecuente como é a Sagrada Familia, cuxo culto, aínda que se inicia e difunde ao longo da Idade Media, non se desenvolverá iconograficamente ata o Renacemento, como paralelismo terrestre da Trindade, que alcanza gran protagonismo coa Contrarreforma.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Sagrada Família Peregrina (Escola mexicana). Loci Jacobi= Lieux de Saint Jacques= Lugares de Santiago [exposição], José António Falcão (dir.). Beja: Departamento do Património Histórico e Artístico da Diocese de Beja, D.L. 2011. pp. 38-39.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 30/11/2009
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée
| más imágenes |

Foto: Iago Rodríguez Vázquez

 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6