Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-795
Clasificación Genérica Artes plásticas; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Escola hispano-flamenga
Título Santa Ana Trinitaria
Materia/Soporte Madeira
Técnica Dourado
Policromado
Talla
Dimensiones Alto máx = 73 cm; Profundidade = 27 cm; Ancho máx = 31 cm
Descripción Grupo escultórico en vulto redondo representando o grupo de Santa Ana trinitaria no que se reflicte santa Ana como nai da Virxe, a Virxe e Xesús Neno en composición na que se fai notar a relación xerárquica en razón de idade a través do escalado tamaño de cada un dos persoaxes representados.
Santa Ana, representada comu unha muller de idade madura, viste túnica verde cinguida á cintura con lazo dourado; manto entre cor verdoso e dourado e toca branca. Na súa man esquerda suxeita un acio. A súa man dereita apoia no ombreiro dereito da Virxe. A Virxe viste túnica azul e manto dourado e suxeita coa súa man esquerda o pomo do que sería un báculo do que se perdiu a parte do bastón. Aparece representada como unha xove e a súa cabeza está cunerta por unha coroa. No colo suxeita o Neno Xesús que só leva un pano branco.

A considerable desproporción que se aprecia de xeito especial entre santa Ana e a Virxe é un problema que non se resolverá convenientemente na escultura flamenga ata ben entrado o século XVI. Neste caso preséntase a santa Ana en pé co tradicional tocado das mulleres adultas tan característico do centro e norte de Europa e que podemos ver a través de numerosísimas pinturas dos máis afamados pintores dos ss. XV e XVI da nomeada zona xeográfica (Van der Weyden, Van Eyck, Memling, etc...) e en infinidade de mostras escultóricas saídas das escolas de Bruxelas, Amberes, Malinas, etc.. É de destacar neste grupo a curiosidade que representa o feito de que santa Ana ofreza ó seu neto un acio de uvas, como unha clara alusión simbólica á futura Paixón de Xesús, á Eucarístía. A Virxe, aparece ó seu carón, de pé, levando os cabelos descubertos e
longos e unha coroada seguindo unha tipoloxía máis propia das virxes góticas. No brazos esquerdo porta o Neno Xesús cun corpo robusto e xirándose cara a súa nai amosando xa as tendencias más humanistas do Renacemento. Na man esquerda sostén o cetro. Trátase dun tipo iconográfico que, nacido avanzado o século XV, se utilizaba para singnificar ou insinuar dalgún xeito o misterio da
Inmaculada Concepción. O interesante da obra radica no feito da relación familiar directa entre santa Ana e Santiago o Maior que se remonta a unha antiga tradición baseada nos evanxeos apócrifos e na lenda das tres Marías, segundo a que, Santiago, o fillo do Zebedeo, era neto de santa Ana. A tadición da "Santa Parentela" fala das tres fillas que tivo santa Ana e cada unha das tres cun dos seus tres maridos: Xaquín, Cleofás e Saloma. María sería filla de Xaquín e nai de Xesús, María Salomé sería filla de Saloma e nai de Santiago e Xoán, e finalmente María Cleofás, sería filla de Cleofás e nai de catro fillos que, á súa vez, serían curmáns de Xesús, Santiago o Maior e Xoán.
Iconografia Santa Ana Trinitaria
Datación 1501=1525
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca España (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Imaxe devocional
Lugar de Procedencia España
Clasificación Razonada A considerable desproporción que se aprecia de xeito especial entre santa Ana e a Virxe é un problema que non se resolverá convenientemente na escultura flamenga ata ben entrado o século XVI. Neste caso preséntase a santa Ana en pé co tradicional tocado das mulleres adultas tan característico do centro e norte de Europa e que podemos ver a través de numerosísimas pinturas dos máis afamados pintores dos ss. XV e XVI da nomeada zona xeográfica (Van der Weyden, Van Eyck, Memling, etc...) e en infinidade de mostras escultóricas saídas das escolas de Bruxelas, Amberes, Malinas, etc.. É de destacar neste grupo a curiosidade que representa o feito de que santa Ana ofreza ó seu neto un acio de uvas, como unha clara alusión simbólica á futura Paixón de Xesús, á Eucarístía. A Virxe, aparece ó seu carón, de pé, levando os cabelos descubertos e
longos e unha coroada seguindo unha tipoloxía máis propia das virxes góticas. No brazos esquerdo porta o Neno Xesús cun corpo robusto e xirándose cara a súa nai amosando xa as tendencias más humanistas do Renacemento. Na man esquerda sostén o cetro. Trátase dun tipo iconográfico que, nacido avanzado o século XV, se utilizaba para singnificar ou insinuar dalgún xeito o misterio da
Inmaculada Concepción. O interesante da obra radica no feito da relación familiar directa entre santa Ana e Santiago o Maior que se remonta a unha antiga tradición baseada nos evanxeos apócrifos e na lenda das tres Marías, segundo a que, Santiago, o fillo do Zebedeo, era neto de santa Ana. A tadición da Santa Parentela fala das tres fillas que tivo santa Ana e cada unha das tres cun dos seus tres maridos: Xaquín, Cleofás e Saloma. María sería filla de Xaquín e nai de Xesús, María Salomé sería filla de Saloma e nai de Santiago e Xoán, e finalmente María Cleofás, sería filla de Cleofás e nai de catro fillos que, á súa vez, serían curmáns de Xesús, Santiago o Maior e Xoán.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 25/11/2005
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6