Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1075
Clasificación Genérica Artes plásticas; Obxectos devocionais; Escultura
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Anónimo
Título San Alexo
Materia/Soporte Madeira de tileiro [Madeira na súa cor]
Técnica Talla
Dimensiones Longo = 95 cm; Alto máx = 32 cm; Ancho máx = 27 cm
Descripción Escultura que mostra unha figura masculina deitada en posición decubito supino sobre un leito que se representa a xeito de fita de tecido vexetal e coa parte superior do corpo lixeiramente erguida. Veste roupa talar a xeito de túnica longa e ampla de mangas que se cingue na cintura por un cinto que se prolonga para a parte inferior. A parte superior do corpo está cuberta pola esclavina suxeita á altura do escote por un alabe e sobre ela aparece un par de vieiras naturalistas. A man dereita repousa sobre o peito mentres que a esquerda cae ao longo do corpo, permanecendo separado o dedo polgar dos restantes, indicando que podería suxeitar algo coa man. Leva barba completa que se desenvolve formando bucles, cun tratamento simétrico, ao igual que o que se practica na cabeleira, de corte moi clásico e en ondas que repousan sobre os ombreiros, cun tratamento detallista da faciana, alongada e cos ollos perfectamente escavados e abertos e coa boca lixeiramente aberta, traballando todo con resgos delicados e naturalistas. Os pregues mostran un xogo de luces e sombras que axudan a dar volume á vestimenta, deixando percibir a anatomía que esconden.
O aspecto xeral é de aparentar un doce sono.
A lectura desta peza escultórica é preciso facela dispondo a figura en horizontal, recostada e habería que incluír na composición unha escaleira que podería figurar, moi posiblemente, na súa colocación orixinaria nun retablo ou formando parte de calquera outra montaxe para a súa exhibición como obxecto de culto e veneración.
Iconografia San Alexo
Datación 1600-1699 (Século XVII)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Baviera (Alemaña, Europa Occidental)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Ratisbona (Regensbur)
Lugar de Procedencia Munich
Historia del Objeto Formou parte da colección do Príncipe Clemens de Baviera (1902-1990), emparentado directamente coa monarquía bávara (Casa Real de Wittelsbach) e tamén coa española (bisneto de Isabel II de España). Foi Clemens un recoñecido historiador da arte que se fixo cunha importante colección da que hoxe se poden atopar pezas en grandes museos ou á venda en galerías ou casas de poxas. Polo que se sabe, esta escultura estaba catalogada como unha representación do apóstolo Santiago o Maior e procedía da cidade de Ratisbona no propio territorio bávaro.
Clasificación Razonada Esta escultura responde a criterios técnicos e estilísticos propios do Barroco alemán. O Culto a san Alexo sería amplamente difundido por Europa polos xesuítas.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 14/05/2010
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6