Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1098
Clasificación Genérica Pratería; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais
Objeto/Documento Copón
Autor/a Atribuído a; Matías Vieites do Casal (act. 1651=1725) [Pérez Costanti no seu Diccionario de artistas... refírese a Vieites do Casal (Matías) do que dí que é fillo de Bartolomé de la Vega e de María do Casal, veciños de Santa Cruz de Montaos e residentes na parroquia de San Fiz da cidade compostelá.]
Materia/Soporte Prata
Técnica Dourado
Cicelado
Repuxado
Dimensiones Alto máximo = 30 cm
Pé: Diámetro = 12,50 cm
Tapadeira: Diámetro = 13,50 cm
Descripción Presenta pé en tres alturas con aro liso na fronte a primeira, lugar no que leva a inscrición identificatoria do oferente e a data, decorándose a parte superior con foliáceas; a segunda con tornapuntas en C entre lingüetas lisas en U perfiladas con molduras; e a terceira coa fronte lisa mentres que a superior, plana, se decora con motivos fitomorfos estilizados. A serie de follas ocupa o espazo cóncavo de unión co hastil con nó en xerro ao que se sobrepoñen molduras en prato, todo iso decorado con motivos de follas. A copa, alta, de configuración ultrasemiesférica, aparece ateigada dunha profusa decoración de roleos entrelazados traballados á maneira do «coiro» ofrecendo unha superficie contrastada entre os elementos decorativos, brillantes, e o fondo máis mate como consecuencia do puntillado aplicado. O remate da copa presenta un bordo diferenciado do resto por un dobre aro.
A tapa, pola súa banda, presenta unha estrutura igualmente tripartita, pero cunha disposición diferente da do pé. Unha curiosa serie de 14 vieiras naturalistas bordea, a xeito de faldrón, o perímetro inferior da tapa para unirse a un toro ateigado de decoración fitomorfa estilizada agrupada entre espellos ovalados dobremente perfilados con finos baquetóns; segue un segundo corpo de pestana lisa con decoración de follas simples en sigue zague na parte superior; remata nun terceiro corpo de configuración curvada con decoración de tornapuntas en S completada con elementos vexetais estilizados para aparecer coroada por unha cruz latina con remates flordelisados nos extremos.
No pé, como se indicou, presenta unha inscrición na que figura o texto: «(estrela de seis puntas) DIOLO. POR. SVDE(nexo DE)BOCYON. DN. JACOB. PEREZ. RETOR. DE(nexo DE)LREAL. PRIORATO DE .STA. MA DE(nexo DE)SAR .AÑO. DE. 1705».
A peza carece de calquera tipo de marcas ou punzóns.
Iconografia No bordo da tapadeira: Vieira;
Remate da tapadeira: Cruz;
No campo da tapadeira e no corpo do copón: Folla de acanto;
No campo da tapadeira e na base.: Espellos;
Espellos de forma ovalada entre as follas de acanto.
Inscripciones/Leyendas No pé, Gravado ao burel
(1705)
(estrela de seis puntas) DIOLO. POR. SVDE(nexo DE)BOCYON. DN. JACOB. PEREZ. RETOR. DE(nexo DE)LREAL. PRIORATO DE .STA. MA DE(nexo DE)SAR .AÑO. DE. 1705 (Deuno pola súa devoción D. Xacobe Pérez, reitor do Real Priorato de Santa María do Sar. Ano de 1705)
Datación 1705
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Litúrxica
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Colexiata do Sar
Clasificación Razonada Sen dúbida estamos antes unha peza producida nos obradoiros composteláns, que resposta a esquemas morfotipolóxicos propios da época, por un anónimo prateiro que pensamos non é difícil de poder identificar, tanto mediante un estudo comparativo como a través da documentación. Así, e dun xeito sumario, pódese indicar que se atopa a figura de D. Jacobe Pérez vinculado á Real Colexiata de Santa María do Sar desde os últimos anos do século XVII, sendo cóengo e mesmo fabriqueiro da fábrica da Igrexa parroquial do Real Priorato e mordomo da Confraría do Santísimo Sacramento. A súa presenza na documentación parece poderse detectar ata 1712 e hai constancia de que morre ao ano seguinte sen deixar fundación ningunha.
Con respecto ao prateiro autor do copón, cabe a posibilidade de que se trate de Matías Vieites do Casal porque o seu nome aparece relacionado varias veces como autor de determinados arranxos de pezas de pratería no Sar por estes mesmos anos, labores polos que recibe o seu correspondente pagamento. É posible que nunha revisión polo miúdo da documentación do fondo parroquial do Sar se poida aclarar esta atribución con maior precisión e seguridade. Pérez Costanti no seu «Diccionario de artistas...» refírese a Vieites do Casal (Matías) do que dí que é fillo de Bartolomé de la Vega e de María do Casal, veciños de Santa Cruz de Montaos e residentes na parroquia de San Fiz da cidade compostelá. Casaría o 16 de xaneiro de 1676 con Josefa Romero de Caamaño «residente no Real mosteiro de san Paio», filla de Juan Romero de Caamaño, prateiro. Sería elixido en 1686 procurador xeral de Santiago pero os membros do concello non o quixeron admitira alegando que non había precedentes de que ningún prateiro tivera ostentado tal cargo municipal, razón pola que se viu obrigado a recorrer á Real Audiencia onde foi estimada a súa demanda, tomando posesión do cargo o 22 de febreiro do citado ano. Da súa man sería a urna de Santa Susana rematada en 1684 para a capela das Reliquias da Catedral compostelá, custeada polo cóengo D. Andrés Martínez de Loaysa. Igualmente realizaría un viril grande de prata para a parroquia de San Fiz en 1699 cun peso de cincuenta e unha onzas e cinco reás e medio e que acadaría un custo de mil setecentos setenta e cinco reás, así como outras pezas de menor categoría, moitas delas sen identificar e sen atribuír.
Damos as grazas a Rosa Vázquez pola colaboración prestada para a contextualización desta peza.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 13/03/2012
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6