Foto: José Caruncho

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1108.619/565
Clasificación Genérica Ferramentas e equipos
Objeto/Documento Xugo
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dimensiones Altura = 69 cm; Longo = 8 cm; Anchura = 16 cm
Descripción Fragmento de xugo pertencente a un dos laterais e que conserva aproximadamente a metade da peza orixinal. Presenta varios saíntes ou "mesas", para axustar na cabeza da vaca ou boi mediante o atado con sogas, así como a "camella" dun dos laterais para asentar enriba da "molida" e amortiguar a presión sobre o animal. Conserva claras evidencias de uso así como cortes efectuados posiblemente cunha machada. Correspóndese co tipo denominado "cornal" ou "de molida" mediante o que os animais xunguidos pola cornamenta efectuarían a tracción coa cabeza, en contraposición cos xugos de canga ou de chancís.
Datación 1000-1400
Contexto Cultural/Estilo Idade Media
Uso/función Xugo. Ferramenta traballo agrícola
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Praza de Praterías
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Galicia cen. A cultura galega contada en obxectos (de 10 de maio a 18 de setembro de 2016), Fundación Abanca, rúa do Vilar.
Clasificación Razonada Este xugo foi localizado no transcurso dos labores arqueolóxicos desenvolvidos no solar do antigo edificio do Banco de España (Praza das Praterías) e encontrábase no interior do foxo mandado construír por Sisnando II (951-968), onde acabaría desbotado posiblemente como lixo en momentos próximos á amortización da estrutura defensiva. Pendentes aínda dun estudo en detalle, posiblemente esteamos ante unha peza de gran pervivenza e utilización prolongada. A peza ten unha gran significación no que respecta ao transporte e tamén ao desenvolvemento de labores agrícolas na Idade Media.
Bibliografía RÍO CANEDO, Verónica Del; FERREIRO DIZ, Oria; ALONSO TOUCIDO, Francisco. Ajuar doméstico en las mesas compostelanas de época medieval: madera y cerámica como caso de estudio. Estudo de arqueoloxía, prehistoria e historia antiga: achegas dos novos investigadores, editoras, Rebeca Cordeiro Macenlle, Alia Vázquez Martínez. Santiago de Compostela, Andavira editora, 2016. pp. 425-438.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 22/02/2013
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: José Caruncho

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6