Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 1254
Clasificación Genérica 14.Instrumentos; 14.EXPRESIÓN ARTÍSTICA; 14.Música
Objeto/Documento gaita
Nombre Específico gaita do fol
Materia/Soporte gaita: madeira [Ronco, punteiro e soprete son de madeira de buxo, con toda probabilidade. O fol fíxose co estómago dun cabrito.]
vestido: fibra textil [Veludo bermello: Algodón e lá. Veludo negro (verde): Algodón. Cordón branco (azul) Algodón e seda. Fita de cadros azuis e brancos: Algodón. Botóns: Nácara.]
Técnica produción artesanal [Vestido, interior: Aplicouse un forro de tafetá cortado ao fío, cosido a man contra o reverso da peza exterior, suxeitando ao mesmo tempo o cordonciño ornamental. Os ollais aplicáronse tamén a man.]
produción artesanal [As pezas da gaita son torneadas. O fol está feito dun estómago de animal (una cabrito era o habitual), enteiro, tratado convenientemente, aproveitando os orificios para introducir as diferentes partes da gaita.]
vestido: produción artesanal [Exterior: Para formar o motivo principal de flores de lis, recortouse, nunha única peza de veludo vermello, o motivo; a decoración resultante aplícase, con pespunte a máquina, sobre o veludo escuro de soporte, que é o que forma o patrón.]
Dimensiones Longo = 70 cm
Descripción Gaita de fol con tres buxas, estas con rebaixes para arandelas das que só se conserva unha de metal, onde encaixan as pezas do instrumento: ronco -dividido en tres partes (prima, segunda e copa)-, soprete e punteiro. Cada peza encaixa onde corresponde con espigos reforzados con fío enrolado. O punteiro aparece percorrido por un total de trece buratos (en lugar dos once habituais) de diferentes diámetros, e carece de lingüeta sonora (palleta).
O ronco tampouco presenta os característicos farrapos, a base de frocos e borlas, con finalidade ornamental.
O vestido (ou xustillo, ou funda) é especialmente vistoso, cun motivo simétrico de flores de lis ao longo do bordo exterior. Esta decoración, de tecido vermello, destaca sobre un fondo escuro (orixinariamente verde). A peza leva, ademais, un remate de «cordonciño» branco (orixinariamente azul), e tamén unha fita de cadrados azuis e grises no lugar onde encaixa a buxa do punteiro. Abotoa a un lado con oito botóns e ollais.
Datación 1801=1900 (Século XIX)
Uso/función Instrumento musical. O punteiro é a peza fundamental que produce a melodía, pero, faltando a palleta, a gaita carece de sonoridade. O ronco ten unha dobre finalidade: produce por unha parte a nota pedal da tonalidade da gaita e transmite o son ao exterior. O soprete permite introducir aire no fol; o son prodúcese ao aplicarlle a este último unha presión controlada co brazo. O vestido é intercambiable, non afectando ás calidades da gaita.
Clasificación Razonada Polas calidades dos furados do punteiro, o diámetro dos cales diminúe máis ou menos regularmente, podería ser unha gaita antiga preparada para unha dixitación pechada (o pechado); polo número de furados da parte dianteira (oito, en lugar dos sete habituais), podería ser unha gaita adaptada ao uso por xergos. Ten catro orellas, o cal é insólito; sendo dúas o habitual para gaitas antigas, e tres para as modernas.
A datación temperá xustifícase polas características do punteiro (dixitación pechada, base recta) e restantes pezas (ausencia de anelado), ademais de pola documentación.
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6