Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 235
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos devocionais; Artes plásticas
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Anónimo [Escola galega]
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Policromado
Dimensiones Alto máx = 53 cm; Profundidade = 20 cm; Ancho máx = 16 cm
Descripción Escultura representando ao apóstolo Santiago o Maior con atributos de peregrino. Sobre unha peaña en vermello simulando mármore e con plataforma octogonal aparece estante a figura do Apóstolo vestido con roupa talar que se axusta á cintura en color gris lixo cun rodo en dourado, a xogo co cinto e cos puños da mesma prenda, sobre ela unha esclavina en negro cos rebordes en dourado e lucindo senllas vieiras sobre bordonciños cruzados tamén en ouro. Colgado do cinto porta, a xeito de escarcela, unha caixa de tapa de configuración paralelepipédica. Os pés aparecen calzados con botas de cor negra, a xogo tamén coa cor do sombreiro de aba ancha que se ribetea en dourado e luce outra vieira sobre bordonciños cruzados igualmente en dourado O cabelo e a barba partida con bigote diferenciado teñen un tratamento naturalista aínda que dentro de esquemas simétricos que contribúen a proporcionar á faciana unha expresión de serenidade. A man dereita en alto terma dun longo bordón con remate abalaustrado do que colga unha cabaza, todo iso tamén en dourado, mentres que coa man esquerda terma do libro que suxeita, pechado, contra o corpo. É da salientar o contraste entre as cores planas e monocromas da vestimenta e demais complementos e o tratamento das carnacións realizados con mellor técnica e detalle.
Iconografia Santiago Peregrino; Vieira; Bordón; Bordóns cruzados; Cabaza
Datación 1801=1900
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Galicia (España, Europa do Sur)
Uso/función Devocional.
Clasificación Razonada Este tipo iconográfico conta cunha gran aceptación en Galicia e difúndese fóra das súas fronteiras. Recollendo experiencias anteriores, parece formalizarse na escultura en granito que realizaría Pedro del Campo en 1694 para a Porta Santa da basílica compostelá e que serviría de prototipo a moitos escultores e simples artesáns da cidade e tamén de fóra dela. É moi posible que esta talla en concreto pertenza a unha fase final de vida deste tipo que ten producido tanto pezas de boa calidade melloradas cunha boa policromía, como outras de raigame moi popular.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6