Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 266
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Relicario
Autor/a Anónimo
Título Relicario
Materia/Soporte Madeira de piñeiro [Piñeiro castelán]
Lámina de cobre
Técnica Dourado
Policromado
Talla
Esmaltado [esmalte sobre cobre]
Dimensiones Longo = 18 cm; Altura = 90 cm; Anchura = 34 cm
Descripción Relicario en madeira policromada en vermello e ouro. Organización a xeito de retablo en tres corpos. Pé flanqueado por grandes volutas; corpo central cadrado con pintura sobre cobre, de forma ovalada rematado en frontón partido rematado en volutas; e copete cadrado con volutas laterais e rematado por frontón triantular con cruz e pináculos.
O cobre pintado representa a Santiago como cabaleiro exercendo posiblemente de Matamouros na Batalla de Clavixo. O Apóstolo aparece sobre un cabalo branco, con túnica amarela e manto vermello e esclavina. As reliquias dispóñense do seguinte xeito: unha no eixe central da base en oco ovalado (caraveis do Horto de Xetsemaní); catro derredor da pintura central (santa Eutropia, santa Martina, santa Constanza e fragmentos do Santo Sepulcro); encima do corpo central tres restos de Santa Lucía; e finalmente no ático cinco ósos corespondentes a santos mártires sen identificar.
Iconografia Santiago Matamouros
Datación 1701=1800 (Século XVlll.)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -El Mundo de las Creencias. Museo de Teruel. 24 de novembro de 1999 ó 15 de marzo de 2000. Organizada polo Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid e o Museo Teruel..
Clasificación Razonada Os mártires eran tidos como verdadeiros mediadores ante Deus, encargado de xulgar ao home do ben e do mal, de aí que a procura e o culto das súas reliquias espertase un grande interese na Igrexa católica ao longo da Idade Media e non se interrompiría co Concilio de Trento que admitía a bondade de invocar aos santos, honrar as súas imaxes e reliquias, sabedores de que Cristo se converte no único mediador entre Deus e os homes.
Os relicarios, que comenzaron sendo contedores, converteranse en expositores para favoreceren a contemplación do seu contido, adoptando frecuentemente a forma de retablo como o caso que nos toca.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Relicario. El Mundo de las creencias: [exposición]. Teruel: Diputación Provincial, Museo de Teruel, imp. 1999. p.195.
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6