Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 267
Clasificación Genérica Mobiliario cultual común; Cadeiras e reclinatorios; Escultura
Objeto/Documento Taboleiro
Título Instrumentos da Paixón
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Baixorrelevo
Dimensiones Profundidade = 2,50 cm; Altura = 90,50 cm; Anchura = 44,50 cm
Descripción Relevo cos Instrumentos da Paixón de Cristo (Arma Christi). Sobre unha peaña decorada con follas preséntase no centro unha cruz de tronco de palma, como unha lembranza da Árbore da Vida. Esta aparece acompañada dos restantes símbolos da Paixón. Á esquerda a columna da flaxelación co galo encima facendo referencia á triple negación de Pedro e indicando posiblemente esa relación existente entre a flaxelación e o arrepentimento de Pedro logo da negación. Os dous látegos con tres flaxelos cada un fai referencia igualmente á flaxelación. O martelo que indican a fixación de Xesús na cruz e as tenaces que simboliza o arrinque dos cravos para o descendemento. Á dereita localízase a esponxa na punta dunha cana utilizada coa que lle deron de beber viño con fel, e un cubilete e tres dados que fai referencia ao sorteo da túnica de Cristo entre os soldados logo da crucifixión. Represéntase tamén unha escada que en algunhas tradicións se indica que utilizou Cristo para ascender á Cruz, pero que hai que relacionala co descendemento e, finalmente, a lanza coa que, segundo os textos bíblicos e a tradición, o centurión Longinos, levaría a cabo a transfixión de Cristo xa morto, brotando sangue e auga. Na propia cruz sitúanse os tres cravos ocupando a posición das mans e dos pés e que a tradición indica que foron forxados pola ferreira Hedroit, sobre o cadrón disponse a coroa de espiñas e na parte alto do pao vertical o "titulus crucis" para ter conta da lenda INRI (Iesus Nazarenus Rex Iudeaorum). Na parte baixa da cruz tres cuñas de madeira semellan fixala ao chan.
Toda a composición está rematada cun arco conopial.
Iconografia Instrumentos da Paixón de Cristo; Arma Christi; Cruz; Galo; Columna; Látego; Tenaces; Martelo; Coroa de espiñas; Titulus crucis; Lanza; Instrumentos da Paixón de Cristo; Dados; Escada; Cravos
Datación 1500[ca] (H. 1500)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Uso/función Mobiliario eclesiástico ou conventual. Posiblemente respaldo de cadeirado de coro ou crestería do mesmo.
Clasificación Razonada Os instrumentos da Paixón de Cristo son representados a miúdo como armas cun sentido heráldico. Considérase que son verdadeiras armas coas que Cristo conseguiu a vitoria sobre o pecado e coas que acadou a Redención da especie humana. A representación dos instrumentos da Paixón comeza a documentarse na alta Idade Media e adopta múltiples variantes, tanto no elenco de obxectos a representar como na maneira de exhibilos. Se nos primeiros momentos se escollen seis: cruz, coroa, columna e látegos, cravos, esponxa e lanza, a partir do século XV engádense bastantes máis: o titulus crucis, o galo, a escaleira, o martelo, as tenaces, os 30 denarios, a man que abofeteou a face de Cristo, o vaso da mirra, a espada de Pedro, a orella de Malco, etc., etc.
Este taboleiro fai xogo con outra peza de MDPS (Nº Inv. 268).
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6