Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004259
Clasificación Genérica Obxectos de devoción; Pintura
Objeto/Documento Icono
Título San Autelo
Materia/Soporte Táboa: Óleo
Prata
Soporte: Táboa
Técnica Repuxado
Dimensiones Altura = 23 cm; Anchura = 16 cm
Descripción Representación de san Autelo (Eleuterio), cun revestimento luxoso en prata gravada e repuxada que se extende por toda a superficie a excepción do rostro. Executado en avultado relevo, cun libro na man e en actitude de bendicir, xesto cargado de simboloxía xa que os tres dedos abertos (índice, corazón e maimiño) queren recordar a Trindade e que Cristo é unha das tres persoas divinas, os dedos restantes repregados (polgar e anular), recordan que en Cristo subsisten dúas naturezas: a humana e a divina. A cabeza de inspiración románica realízase ao óleo sobre táboa, proporcionando un gran efecto. Veste alba e capa pluvial con estola, prodigándose nestas os detalles ornamentais. A figura desenvólvese sobre un fondo compartimentado, a través dunha moldura, en dúas zonas de diferente decoración, quedando enmarcada por baquetóns e róleos nos ángulos. Franquea a aureola do santo unha inscrición en carácteres gregos, onde figura o nome do mesmo. Execución coidada e cargada de detalles, impóndose o decorativo nun traballo onde o labor de orfebrería supera o da pintura.
Iconografia No motivo principal: Santo Autelo
Inscripciones/Leyendas Cartela a ámbolos dous lados da aureola co nome, Gravado, grego
(San Eleuterio)
Datación 1801=1900
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Uso/función Relixioso. Devocional
Clasificación Razonada As iconas, enraizadas na espiritualidade popular, deben ser estudadas non soamente dende unha perspectiva artística senón tamén desde un punto de vista espiritual e de culto. Utilizan como recursos plásticos o hieratismo na expresión dos personaxes, o rexeitamento da plasticidade dos corpos e do movemento e mailo espazo abstracto.
Bibliografía CONDE SÁNCHEZ, M. Icono. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 05/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_05_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Catalogación Barriocanal López, Yolanda; Conde Sánchez, María Milagros
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6