Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004809
Clasificación Genérica Medidas; Metais
Objeto/Documento Ponderal
Materia/Soporte Latón
Técnica Fundición [Fundición por moldeo]
Dimensiones Altura = 2,90 cm; Diámetro = 5,70 cm; Peso = 231,56 gr
Descripción Conxunto completo, pois conserva as súas oito pezas orixinais. Presenta marco de prata de 8 onzas, conformado por unha cazoleta con tapa onde encaixan as outras pezas. Trátase dun modelo sinxelo que responde a unha tipoloxía moi común no século XIX, sen máis decoración que unhas simples liñas incisas nas paredes exteriores dos vasos. A tampa do estoxo é do tipo de tres nervaduras. Ademais da marca de valor, tamén presenta na tapa o punzón de fabricante: un cáliz, sen iniciais, Os catro vasos maiores levan na base interior o seu valor numérico (8, 4, 4, 1) e todos, incluido o disco, unha marca P, do lugar de produción.
Firmas/Marcas/Etiquetas Na base, Gravado
8,4,4,1 e letra P
Na tapa
Un cáliz
Datación 1825
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Portugal (Europa)
Uso/función Medición
Clasificación Razonada Os ponderais de vasos encaixados son un xogo de pesas de forma troncocónica, semellantes a un vaso ou gobelete que van ensamblados perfectamente uns dentro doutros. Coñécense tamén polo nome de pías ponderais por analoxía coa famosa Pía de Carlomagno, un sistema de pesas introducido polo monarca europeo no ano 789 como patrón real de peso.
O vaso maior, que vai provisto dunha tampa co seu correspondente pecho, denomínase caixa, estoxo ou gardador e o seu peso baleiro é exactamente o mesmo que a suma de todos os demais. A peza máis pequena denominada disco ou última peza adoita ser maciza e serve de peche ao xogo. Desde o vaso gardador mantense unha proporcionalidade no peso, dentro dun sistema de base binaria, de xeito que cada un dos vasos pesa a metade que o anterior e igual que a suma do resto; o disco repite o peso do último dos vasos.
Estas pezas foron utilizadas para o peso de lingotes de metal precioso, na pesaxe de moeda, no comercio en xeral e como xogo de inspección e verificación. Por iso, a precisión do ponderal era comprobada por un oficial marcador que gravaba a súa marca ou contraste no peso como garante da súa fidelidade e validez. Estas marcas denomínanse marcas de verificación e acostuman estamparse na tampa da caixa, no fondo ou nos bordos exteriores dos vasos. Pero non é este o único punzón que pode aparecer neste tipo de obxectos, xa que podemos encontrar neles o escudo de armas ou o nome da cidade na que foron aprobados ou utilizados, as cifras correspondentes ao valor ou peso de cada vaso, a marca cronolóxica e as do obradoiro ou do mestre artífice do ponderal.
Bibliografía LORENZO RUMBAO, B. Ponderal de vasos encaixados. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 03/2007. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2007_03_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6