Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1071
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Pratería
Objeto/Documento Relicario
Autor/a Sánchez Sotos, Cristóbal [Posiblemente do obradoiro do autor. Traballa en Córdoba onde aparece rexistrado na segunda metado do século XVIII. Destaca polo seu gusto rococó, acorde coa moda do momento.]
Taller cordobés
Título Agnus Dei
Materia/Soporte Marco: Prata
Disco: Cera
Corpo: Madeira
Forro: Seda Verde
Ventá: Vidro
Técnica Marco: Cicelado
Repuxado
Disco: Moldeado
Dimensiones Altura = 32,50 cm; Anchura = 24,50 cm
Descripción Agnus Dei en cera datado en 1701 cun marco de prata dun taller cordobés da segunda metade do século XVIII, posiblemente do obradoiro de Cristóbal Sánchez Sotos (?). Na actual montaxe o anverso do Agnus Dei aparece no reverso do relicario e viceversa. O anverso do medallón representa o Agnus Dei nimbado recostado sobre o Libro dos Sete Selos, portando un estandarte co mastro rematado en cruz grega con bandeira bífida; na parte inferior, o escudo heráldico do papa Clemente XI e a datación (1701); no bordo, o texto alusivo ao Agnus Dei. No reverso do medallón (anverso do relicario), figura na parte máis alta a Virxe co Neno nun trono de nubes e anxos, na súa advocación de Virxe do Socorro, e debaixo dúas figuras: a da esquerda posiblemente san Antón Abade e a da dereita un santo que porta sobre os ombreiros unha esclavina con vieiras, e acompáñase por tres cans, que posiblemente se trate de san Huberto (?). No bordo o texto alusivo á Virxe do Socorro. Mide 16,50 cm. eixo maior e 13 cm. de eixo menor.
O relicario ofrece unha configuración rectangular rematado en pico. No centro presenta unha ventá ovalada para albergar no seu interior o Agnus Dei, rodeado dunha orla con motivos espigados en torno á que se organiza o resto da decoración. Na parte superior decoración a xeito de vieira a partir da que se articula o resto da composición a repuxado con motivos fitomorfos estilizados e sartas. Na parte central inferior conserva un punzón [SA/..HEZ], pertencente posiblemente ao prateiro cordobés Cristóbal Sánchez Soto, caracterizado polo gusto rococó, consonte ás modas do momento, pero que el trata con gran mestría.
O simbolismo destas pezas é bastante claro. A cera virxe do cirio pascual, o Año de Deus e a cruz que representan a víctima, fillo de Deus, ofrecido en sacrificio para a redención da humanidade, e o papel apotropaico que se suxeita no Antigo Testamento que mostra como o sangue do Año de Deus, marcando as portas dos xudeus, impediu a súa aniquilación polo Anxo Exterminador.
Iconografia Agnus Dei; Virxe do Socorro; San Antón Abade; San Huberto; Escudo do papa Clemente XI
Inscripciones/Leyendas Anverso do medallón de cera, Moldeado, Latín, Capital cadrada
(1701)
ECCE. AGNVS. DEI. QVI. TOL[LIT]. PEC[CATA]. MVNDI. CLEM[ENS]. XI. PONT[IFEX]. MAX[IMVS]. ANNO / 1701. (Este é o año de deus que quita o pecado do mundo. Clemente XI pontífice máximo. Ano 1701)
Reverso do medallón de cera, Moldeado, Latín, Capital cadrado
(1701)
SANCTA MARIA. SVCCVRRE. MISERIS. CLEM[ENS]. XI. PONT[IFEX]. MAXIM[VS]. (Santa Maria, socorre ao necesitado. Clemente XI pontífice máximo.)
Firmas/Marcas/Etiquetas No anverso, no centro da parte baixa
SAN/...HEZ
Datación Medallón:1701
Marco:1751=1800
Lugar de Producción/Ceca Disco: Cidade do Vaticano (Estado da Cidade do Vaticano, Vaticano)
Relicario: Córdoba (Andalucía, España)
Uso/función Uso devocional. O disco de cera co Agnus Dei teñen tamén unha función apotropaica. A miúdo eran enviados polos pontífices como prezado regalo a persoeiros importantes e ían acompañados de prospectos explicativos sobre as virtudes milagreiras, subliñando sobre todo os beneficios que se podían acadar no caso de incendios e inundacións.
Descriptores Geográficos Córdoba; Cidade do Vaticano
Clasificación Razonada O elaboración de discos de cera coa representación do Año de Deus (Agnus Dei) é unha tradición que nace, segundo algúns investigadores, no século V, mentres que outros consideran que é no IX, pero recolle tradicións precristiás. Elabóranse na mañanciña do Sábado Santo cos restos da cera virxe sobrante do cirio pascual do ano anterior mesturada co óleos e son bendicidos nun ritual especial polo propio Papa. A bendición solemne dos discos tiña lugar, non obstante, no primeiro ano do pontificado papal e cada sete anos sucesivos e, dun xeito extraordinario, nos anos xubilares romanos. Eran entregados aos asistentes dos servizos litúrxicos o sábado seguinte (Sabbato in Albis) polo propio Papa que os depositaba na mitra invertida dos bispos logo do rezo do Agnus Dei. Unha parte repartíase a personalidades destacadas.
O Agnus Dei do MDPS corresponde ao primeiro ano do papado de Clemente XI, elixido o 23 de novembro de 1700, polo que a primeira Semana Santa do seu mandato é precisamente a de 1701, data que figura no disco de cera.
A presencia destes discos formando parte de relicarios é moi habitual e con frecuencia a parte que máis se destaca é o reverso onde aparece unha decoración que se afasta da do anverso que é, case sempre, o Año de Deus. Tal sucede co exemplar do MDPS que, á hora de montalo no relicario, móstrase o reverso no anverso do marco de prata.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 26/04/2010
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6