Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-164
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos asociados á ofrenda
Objeto/Documento Sagrario
Autor/a Atribución dudosa a; Taller galego
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Dourado
Policromado
Dimensiones Alto máx = 75 cm; Profundidade = 46,50 cm; Ancho máx = 33 cm
Descripción Trátase dunha peza exenta conformada por un destacado corpo cúbico disposto sobre un piar que arranca dunha peaña cuadrangular decorada, na súa parte dianteira, con dúas sartas de perlas diagonais e na traseira, con dúas molduras de sección cadrada tamén en diagonal.
O sagrario propiamente dito, que non conserva a porta, presenta unha estrutura e unha ornamentación inspirada nas solucións estilísticas da arquitectura tardogótica dado que os extremos se resaltan mediante unha especie de pilastras de fuste acanalado e sogueado rematadas no extremo inferior por bolas e no superior por pináculos. Os listóns das esquinas da traseira son estriados e fáltanlle os ditos remates como tampouco presenta decoración algunha o pano desta parte, aspecto este que sinalaría a súa colocación nun retablo. Pola contra, a cara frontal e as laterais amosan unha profusa decoración con catro ringleiras de cunchas de vieira superpostas separadas entre si por franxas caladas. Como remate, unha elaborada crestería e unha cuberta a modo de teitume a catro augas. Amosa restos de policromía no exterior e na parte interior onde se reproduce o que parece lembrar unha paisaxe, tal vez o Gólgota ou Xerusalén.
Iconografia Vieira
Datación 1534=1566
Contexto Cultural/Estilo Tardogótico
Lugar de Producción/Ceca Galicia (España, Europa do Sur)
Uso/función Relixioso. Para gardar o copón coas sagradas formas consagradas.
Descriptores Geográficos Triacastela (Santiago)
Lugar de Procedencia Triacastela (Santiago)
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. - Camiño de Paz. Mane Nobiscum Domine. Catedral basílica de San Martiño, Ourense, do 15 de xuño ao 1 de novembro de 5005.- Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada A exaltación do culto eucarístico como reacción contrarreformista contra o protestantismo adquire na España da segunda metade do século XVI dimensións notables no que respecta ás creacións artísticas desenvolvidas neste período. Se o sagrario no retablo baixomedieval hispano ocupaba unha posición lateral, a afirmación eucarística liderada polo retablo renacentista situará a esta relevante peza e ao tabernáculo nunha posición central para resalta-la súa preeminencia. En ocasións, o encargo do sagrario precedía á realización do conxunto retablístico, o que deriva nun maior coidado e realce dun mobiliario que adquire, a maior parte das veces, a aparencia dunha pequena arquitectura centralizada.
O sagrario que nos ocupa semella participar desta ideoloxía. Chama a atención polo seu carácter anicónico, se ben a inexistencia de figuración parece deberse á desaparición da porta, espazo tradicionalmente reservado para a representación de imaxes ou escenas. Nel destácase tamén o emprego reiterado e emblemático da vieira, a cal, ademais de sobresaír pola súa plasticidade e capacidade ornamental, permite a filiación da obra co estilo tardogótico de influencia flamenga desenrolado nas primeiras décadas do século XVI, en tanto que era habitual neste momento o emprego reiterado deste motivo como, por exemplo, na Casa das Cunchas de Salamanca ou a viñeta con orlas de cunchas do Libro de Horas flamengo do Sir John Soane´s Museum de Londres. Neste caso en concreto, o seu uso como elemento decorativo pode ter relación co lugar de procedencia xa que, probablemente, debeu ser realizada para unha localidade moi relacionada co Camiño de Santiago ou, polo menos, co culto apostólico.
Bibliografía Camino de paz: mane nobiscum domine: [exposición], Catedral de Ourense, julio-noviembre 2005. Calvo Domínguez, Marcelina(coord). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2005. 535.

PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Sacrário [Trabalho galego]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 130-133.

SINGUL, Francisco. Sagrario. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 122-123.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 02/04/1997
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6