Foto: Tino Viz

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-694.171/29
Clasificación Genérica Numismática
Objeto/Documento Moeda
Nombre Específico Branca
Emisor/a Enrique III de Castilla
Materia/Soporte Billón
Técnica Cuñaxe a martelo
Dimensiones Módulo = 24 mm; Peso = 1,48 gr
Características Técnicas Posición de cuños: 3 h
Descripción Anverso: +ENRICVS: [RE]X: CASTELL
Castelo de tres torres, dentro de orla de seis lóbulos adornada con aros; debaixo do castelo S. Ó redor a lenda entre grafilas de puntos.
Reverso: +ENRICVS: REX: LEGIONI:
León rampante á esquerda, dentro de orla de seis lóbulos adornada con aros. Ó redor a lenda entre grafilas de puntos.
O nome do rei aparece coas letras EN enlazadas.
As brancas de Henrique III e sen dúbida o maior conxunto monetario do Museo, e foron unhas pezas de referencia na maior parte do século XV. Tras as grandes convulsións monetarias da época de Xoán I (pola emisión do branco do Agnus Dei) intentouse unha estabilización; así os rexentes de Henrique III desvalorizaron o branco do Agnus Dei (22/1/1391) para que valese só un coroado de moeda vella (antes valía seis diñeiros) e ordenouse labrar moeda miúda e reais segundo a lei e talla da moeda vella. Pero a gran reforma monetaria produciuse entre 1399 e 1403, reaxustáronse os cambios monetarios e pasouse a cuñar a nova branca, que os cronistas cualifican de moi boa, e en época de Xoán II denomínanse "brancas vellas", con lei de 24 grans e talla de 112 pezas en marco, mandando que o marabedí que valía dez diñeiros vellos valese dúas brancas destas (subindo en consecuencia o valor do resto das moedas, así a dobra de ouro pasou a valer 95 marabedís destes de dúas brancas o marabedí, mentres o real de prata se cambiaba a 8 marabedís). Nas contas da Facenda Real a depreciación apreciouse tamén, xa que se estableceu a transformación dun marabedí da "moeda vella", anterior á reforma, por dous marabedís da "moeda nova" (cando segundo a realidade metálica debería terse cambiado por dous e medio).
Pasando a falar da súa tipoloxía hai que dicir que existen algunhas diferenzas menores entre as cuñaxes de cada ceca, en especial das principais. A maior parte aparecen no nome real (Enricus), e así a gran maioría levan enlazadas as letras EN. En ocasións hai letras mal colocadas, en especial o S (colócase do revés), ou en Toledo apréciase un característico enlace CV. Do mesmo xeito os adornos da orla polilobulada adoitan ser bastante significativos. En xeral, aínda que non sempre, Cuenca leva un ramo de tres follas, e Toledo unhas cruces, mentres o resto de cecas levan aros ou puntos, ou incluso ningún adorno. En canto ás lendas domina a relixiosa (Dei Gracia Rex), pero en determinadas cecas é de maior uso a civil (Rex Castelle / Legionis), mentres noutras o normal é usar unha mixta, é dicir, unha en cada cara (A Coruña). Todo isto non hai que o tomar como unhas regras fixas, pero pódenos axudar nas identificacións dubidosas ou cando desapareceu a marca de ceca.
Datación 1390[ca]-1406 (Posterior a 1399)
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Sevilla (m) (Vega del Guadalquivir (comarca), Sevilla)
Uso/función Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
Lugar de Procedencia Silleda (Deza (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro
Clasificación Razonada ÁLVAREZ BURGOS, n.º 602 vte. CAYÓN (2005), p. 275 (n.º 1.499).
Bibliografía Bonilla Rodríguez, Andrés. Trabajos arqueológicos en el monasterio e iglesia de S. Lorenzo de Carboeiro (Silleda, Pontevedra). Campaña de 1991: resumen de trabajos y hallazgos realizados. Brigantium. 2000, 253-254.

FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. p. 111, nº 155.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 02/04/2004
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |

Foto: Tino Viz

Foto: Tino Viz

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6