Foto: Tino Viz

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-816.2274/1
Clasificación Genérica Numismática
Objeto/Documento Moeda
Nombre Específico Un cruzado
Emisor/a Enrique II de Castilla
Materia/Soporte Billón
Técnica Cuñaxe a martelo
Dimensiones Peso = 1,46 gr; Módulo = 20 mm; Grosor = 1 mm
Características Técnicas Posición de cuños: 7 h
Descripción Esta moeda, que era unha nova especie nunca antes cuñada, insírese na crise monetaria de inicios do reinado, cando o monarca debía pagar as soldadas dos seus mercenarios (en especial os franceses de Bertrand Du Guesclin) e seguir a guerra contra Fernando I de Portugal, que ocupaba importantes zonas de Galicia. Por iso Henrique II decide cuñar conscientemente "moeda mala", de baixa calidade (en xeral só contiñan unha cuarta parte da prata que tiñan en época de Pedro I), pero de alto valor de cambio. Por unha parte estaban os tradicionais reais de prata (con valor de 3 marabedís), os novos cruzados (un terzo de real, 1 marabedí) e os coroados (seis dos cales facían un cruzado). Os cruzados debían ter unha talla de 120 pezas en marco e unha oitava parte de prata (lei dun diñeiro e 12 grans). O mercado non aceptou estes cambios monetarios e os prezos disparáronse, pero o monarca conseguira pagar a maioría das súas débedas e obter grandes ingresos, e tras iso ordenou (1370) reducir o valor da moeda drasticamente (un 66%), e así os "malos" reais pasaron a valer unicamente 1 marabedí, e os cruzados un terzo de marabedí, e pasan de cambiarse por 6 coroados (ou 10 diñeiros novenes) a valer só 2 coroados (ou 3 diñeiros novenes e dúas meallas). Este embarullamento monetario producido pola mala moeda mantívose nas Cortes de Toro de 1371, onde se acordou anular (furándoa) a moeda de reais e cruzados que fose de mala lei (unha medida case imposible de levar a cabo), e este caos só se acabou co ordenamento de novembro de 1373, que reaxustaba os valores das pezas á época anterior á guerra, xa que agora o monarca cuñaba moeda de boa lei, ordenándose que a mala moeda deixaría de circular a finais dese mesmo ano e ata ese momento reaxustábase o seu valor, e se se utilizaba nos cambios unha dobra valería 120 marabedís e un real 12 marabedís (é dicir, 4 veces máis que en moeda boa), e ademais deixábase ó arbitrio de cada cal aceptar pagos nela ou rexeitalos. Dado que Fernando I de Portugal controlaba por eses anos (ata a paz de Alcoutim de 1371) A Coruña e que o arcebispo de Santiago apoiaba a Henrique II, a atribución do lugar de cuñaxe desta peza debe ser Santiago, e moi probablemente a mesma fortaleza da Rocha Forte, lugar forte e de refuxio do prelado compostelán.
Anverso: [+ ENRICVS REX LEGIONIS]
Busto coroado do rei á esquerda, diante vieira.Ó redor a lenda entre grafilas de puntos.
Reverso: [+] ENR[ICVS] : [REX CASTELLE]
Cruz latina rompendo a lenda pola parte inferior, nos cuarteis da cruz as letras E-N-R-I.O redor a lenda dentro de grafilas de puntos.
Datación 1369[ca]-1373 (SECULO XIV)
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
Lugar de Procedencia Rocha Forte (A)
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Bibliografía FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. pp. 57-58, nº 50.

PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luis. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela: Círculo Filatélico-Numismático, 1999.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 07/11/2006
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |

Foto: Tino Viz

Foto: Tino Viz

Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6