Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-959
Clasificación Genérica Estampación; Obxectos de Arte
Objeto/Documento Gravado
Autor/a Bergmüller, Johann George [Importante pintor e gravador alemán: JOHANN GEORG BERGMÜLLER (Bergmiller, Bermüller ou outras variantes posibles do apelido). Nacido en Baviera (Türkheim) en 1688, morrerá en Augsburgo en 1762. Formado artisticamente en Munich.]
Título Santiago o Maior
Conjunto Apostolado de Johann George Bergmüller
Materia/Soporte Gravado: Tinta de impresión Negro
Soporte: Papel de impresión Branco
Técnica Calcografía
Gravado ao burel
Dimensiones Longo = 0,50 cm; Altura = 20,70 cm; Anchura = 13 cm
Descripción Imaxe masculina barbada, en actitude de avance cara ó lado esquerdo. Vai vestido cun ampuloso manto, esclavina coa insignia xacobea da cuncha vieira e os bordóns cruzados; gorxeira e casco de soldado, este último con penacho de plumas. Na súa man esquerda porta o libro sagrado e na súa man dereita suxeita o estandarte coa cruz. Como fondo, ao lado dereito aparece parte dunha columna clásica.
Ao pé da imaxe, aparece a inscrición relativa ao título "S. Iacobus Maior" e as inscrición relativas á autoría: "Cum Pr.", e á dereita: "I. Georg Bergmüller Sc.", referíndose ao pintor e gravador alemán Johann Georg Bergmüller.
Forma parte dun Apostolado completo (inv. D-956- D-967) de doce estampas. Os datos da autoría aparecen soamente na estampa representando a Santiago o Maior.
Iconografia Fondo completo: Santiago o Maior;
Aparece Santiago neste caso na súa doble advocación de peregrino -polos atributos da esclaviña coa cuncha e os bordonciños cruzados -, e de soldado Miles Christi pola gorxeira, o casco e o estandarte coa Cruz.
Inscripciones/Leyendas Banda inferior. Liña superior., Gravado ao burel, Cursiva, Latín
Bergmüller, Johann George (1730[BP][ca])
[S. Iacobus Maior] (Santiago o Maior)
Banda inferior. Liña inferior., Gravado ao burel, Cursiva, Latín
Bergmüller, Johann George (1730[BP][ca])
á esquerda:
Ángulo esquerdo: Cum Pr.. Ángulo dereito: I. Georg Bergmüller Sc.

(Cum Pr. : Con Privilexio. I. Georg Bergmüller Sc. : I. Georg Bergmuller Sculpit )
Datación 1730[ca]
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Alemaña (Europa Occidental, Europa)
Uso/función Devocional
Clasificación Razonada O conxunto está constituído por un total de 12 estampas En cada un deles representase un apóstolo identificado iconograficamente polos atributos
que lle son propios, así como pola indicación do seu nome incluído dentro da propia prancha calcográfica, no centro da parte inferior, así como dun número arábigo no ángulo inferior dereito seguindo esta orde: 4 S. Petrus, 5 S. Paulus, 6 S. Andreas, 7 S. Jacobus Major, 8 S. Joannes, 9 S. Thomas, 10 S. Jacobus Minor, 11 S. Philippus, 13 S. Matthaeus, 14 S. Simon, 15 S.Thadaeus, 16 S. Matthias. Cada un dos apóstolos aparece representado destacando aquel atributo que mellor o identifica.
Por outra parte, en canto á orde dada aos apóstolos (establecida pola numeración indicada en cada estampa), Pedro, Paulo, Andrés, Santiago o Maior e Xoán, encabezan sempre, ou case sempre, a prelación do apostolado, tal e como aparece establecido no Credo Apostolorum e na maior parte das relacións teolóxicas, o que dá pé a distinguir entre apóstolos maiores e apóstolos menores, coa problemática que xeraría a inclusión de Paulo como un dos principais en lugar de Xudas Iscariote.
A realización de apostolados é unha tradición moi antiga que se remonta aos primeiros momentos da Idade Media. O culto aos considerados piares fundamentais da Igrexa de Cristo terá unha moi boa acollida por todo o continente europeo. Evoluciona de maneira parella á veneración da Virxe e dos Evanxelistas pola súa estreita vinculación persoal con Cristo e por representaren os transmisores das ensinanzas da fe propugnada polo galileo.
Por regra xeral nos apostolados acostuma a representarse todo o colexio apostólico acompañado de Xesús, neste caso o Mestre aparece en compañía de Pedro na calcografía nº4, que é precisamente a que inicia a serie.
No referido ao autor cómpre indicar que se trata dun importante pintor e gravador alemán: JOHANN GEORG BERGMÜLLER (Bergmiller, Bermüller ou outras variantes posibles do apelido). Nacido en Baviera (Türkheim) en 1688, morrerá en Augsburgo en 1762. Formado artisticamente en Munich, pronto se trasladará a Augsburgo onde dirixirá, a partir de 1730, a Academia. Está considerado como un excelente pintor de frescos (destacan os catro frescos da capela de Polheim na catedral de Augsburgo, as 17 pinturas do teito da igrexa da santa Cruz, etc.) manexando tamén a técnica do óleo o do gravado.
Destaca a súa etapa artística posterior a 1732 na que se aprecia o seu gusto rococó deixando unha importante obra por varios enclaves austríacos.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 31/03/2009
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6