Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0017/33
Clasificación Genérica Metais; Adorno persoal
Objeto/Documento Anel-chave
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Dimensiones Altura = 1,50 cm; Grosor = 0,30 cm; Diámetro exterior = 1,80 cm; Diámetro interior = 1,50 cm; Peso = 1,90 gr
Descripción Anel de sección semicircular cunha prolongación na parte superior formada por un rectángulo calado e un apéndice semicircular que constitúe o paletón da chave.
Datación 226=400 (Mediados do século III - século IV d. C.)
Contexto Cultural/Estilo Tardorromano
Uso/función Abrir e pechar cadeados e pechaduras de cofreciños.
Lugar de Procedencia San Tomé (Tras do Hospital)
Lugar Específico/Yacimiento Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Clasificación Razonada Este tipo de pezas, coñecidas como aneis-chave (calvis clausa), eran levados no dedo ou colgados dunha cadea. Servían para abrir e pechar os cadeados e pechaduras de cofreciños que gardaban valiosos obxectos persoais de pequenos tamaño como xoias, moedas ou elementos de tocador.
Aínda que algúns autores apuntan para estas pezas un carácter simbólico relacionado coa autoridade do paterfamilias ou coas cerimonias nupciais, os contextos en que maioritariamente se documentan fan pensar que os aspectos funcionais prevalecen sobre os simbólicos. Coñecidos polos etruscos, é un tipo de anel característico do mundo romano, cuxo uso xeneralízase a partir do século III d. C.
Bibliografía RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé. Guía Arqueolóxica. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2000. pp. 68-69.

VV.AA.. Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Ourense (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2019. p. 139, nº 206.
Catalogación Rodríguez González, Xulio
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6