Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 232
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Anónimo
Escola castelá
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira Dourado [policromada]
Técnica Talla [talla policromada ( estofado)]
Dourado
Policromado
Estofado
Dimensiones Alto máx = 84 cm; Profundidade = 29 cm; Ancho máx = 31 cm
Descripción Escultura en madeira representando a Santiago o Maior caracterizado como apóstolo e peregrino. Descalzo sobre unha pequena peaña, veste túnica recollida na cintura en tonalidades verdosas e douradas con excelente policromía a base de motivos vexetais, e sobre ela manto en tonalidades máis claras, decoración tamén con motivos fitomorfos e con forro de cor vermello con finos motivos xeométricos en ouro. Na man esquerda porta o libro da mensaxe evanxélica e, colgando do mesmo lado, escarcela cadrada en ouro e con tapa que se suxeita a unha correa en bandoleira. A posición da man dereita indica que portaba un bordón, que falta, como outro dos atributos da condición de peregrino. Cubre a cabeza cun sombreiro negro de aba volta pola fronte decorada esta cunha vieira en ouro flanqueada por un par de pequenos bordonciños cruzados en aspa tamén en ouro. O tratamento da barba, completa, partida e con bigote, así como o tratamento do cabelo que se dispón en ondas que caen sobre os ombreiros, harmoniza co aspecto próximo e de ensimesmamento e serenidade que ofrece a faciana na que se tratan boca, ollos, nariz dun xeito naturalista resaltado pola coloración dos pómulos. O suave contraposto que ofrece contribúe a facer máis doce o seu aspecto ata chegar a facelo familiar.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1551=1600 (Posiblemente ca. 1560-1570)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Castela.borrar (ELIMINARES)
Uso/función Relixioso / Devocional.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004. -Luces de peregrinación. Sala de exposicións do Banco Herrero. Oviedo, do 26 de Xullo ao 26 de Octubro do 2004. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007. Libros para un peregrino. II Concurso Internacional de diseño y Encuadernación. Museo das Peregrinacións e de Santiago, Santiago. 22 de marzo ao 25 de septembro de 2011.
Clasificación Razonada Ao longo do século XVI conviven tipos iconográficos nos que a indumentaria propia da condición de apóstolo de Santiago adquire un maior peso con outros nos que ten preferencia a presencia de atributos propios do peregrino. Nin nun caso nin no outro deixan de aparecer elementos característicos de ambas as dúas condicións: Santiago como apóstolo e Santiago como peregrino. Tal sucede neste caso no que se mesturan a vestimenta propia dun apóstolo de Cristo (túnica e manto), os pés descalzos e o libro da mensaxe evanxélica, con outros propios dos peregrinos xacobeos como a escarcela, o bordón que sen dúbida tivo pero que perdeu, e o sombreiro con insignias xacobeas como son a vieira e os bordonciños cruzados. Doutra banda hai que salientar que xa está acordada a representación duns resgos físicos do Apóstolo coa barba, organización do cabelo e o aspecto sereno que parece transmitir tristura e que se interpreta como cunha consecuencia da dureza da predicación equiparable á dureza do Camiño.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Santiago Peregrino [Escola castelhana]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 189-[191].

SILVA HERMO, Manuel. Santiago Peregrino [Madera policromada y dorada]. Luces de peregrinación: sede real y sede apostólica [exposición], coordinado por Pablo León Gasalla, Javier Santullano. Oviedo: Consejería de Cultura, Comunicación Social y Turismo, 2004. pp. 442-442.

SILVA HERMO, Manuel. Santiago Peregrino. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 446-447.
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6