Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-812
Clasificación Genérica Indumentaria litúrxica e ritual
Objeto/Documento Casula
Autor/a Escola castelá
Título Casula
Materia/Soporte Fibra de liño
Seda
Fío de ouro
Técnica Bordado [A matiz, en relevo e enxavado. Fíos tendidos.]
Dimensiones Longo = 2,50 cm; Alto máx = 132,60 cm; Ancho máx = 76,70 cm
Descripción Vestimenta litúrxica que conserva os galóns de seda, as bandas orixinais de veludo, o forro de liño así como as costuras de confección da época. Destaca a calidade da súa factura debida, sobre todo, á riqueza dos bordados das dúas grecas que adornan lonxitudinalmente a indumentaria clerical. O motivo escollido é un apostolado: Santiago e san Paulo na parte frontal; san Pedro, san Xoán e san Andrés na posterior. Todos eles portan os seus atributos máis característicos, sobresaíndo a representación iconográfica do apóstolo Santiago, o cal aparece cos tradicionais bordón e sombreiro de peregrino. Preséntanse, así mesmo, sentados nunha especie de estrados e en habitáculos enmarcados dentro dunha arquitectura con arcos de corte clásico por detrás dos que se recrean, pola contra, paisaxes debedores da tradición flamenga.
Iconografia Parte frontal: Santiago o Maior; San Paulo;
Parte posterior: San Pedro; San Xoán Evanxelista; San Andrés
Datación 1520-1530
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Uso/función Indumentaria utilizada polos sacerdotes católicos para a liturxia da Misa e outras celebracións.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Tan só en contadas ocasións, dada a fraxilidade dos materiais e a reposición continua destes ao longo do tempo, se conservan casulas tan completas como esta, de tan notable factura, precisión e delicadeza. Semella ser orixinal practicamente na súa totalidade agás certas lagoas refeitas nalgún momento posterior. Non obstante, serán as grecas as que aporten as claves necesarias para a filiación cronolóxica e estética desta casula toda vez que responden, tanto desde o punto de vista da confección como desde o estilístico, aos principios estéticos imperantes en España en torno aos anos 1520-1530 para este tipo de pezas. En efecto, presentan un bordado dos chamados "eruditos", no que se combinan fíos de seda de diferentes cores con outros entorchados de ouro de diverso grosor.
O emprego conxunto de distintas técnicas de bordado na configuración do apostolado e no entorno no que se circunscriben, indican a posible intervención de artífices diferentes na súa elaboración, algo, por outro lado, sumamente habitual nos talleres de bordados da época. Sen embargo, resulta complicada a adscrición da casula a un lugar determinado e máis aínda a un obradoiro en particular. Unicamente se pode sinalar a súa procedencia hispana atendendo aos materiais utilizados, á tipoloxía do patrón, á súa manufactura e ás particularidades dos bordados.
Desde o punto de vista iconográfico, resulta salientable a recreación da imaxe de Santiago, a cal evidencia a orixe medieval da mesma en tanto que pretende resaltar a súa condición de apóstolo aínda que combinando a representación coa de Sedente ou Magíster, unha iconografía á que rara vez recorreron os artistas que fai que se converta tamén, por esta singularidade, nunha peza de notable interese. Como modelo parecen tomarse tanto a imaxe que aparece no Capítulo I do "Liber Sancti Iacobi" como a concibida polo Mestre Mateo para o parteluz do Pórtico da Gloria, ambas as dúas do s. XII, e nas que mesmo comezan a aparecer os primeiros atributos do peregrino. Anos máis tarde, realizarase a escultura de Santiago sedente para o Altar Maior da catedral compostelá e, cara 1250, encargarase para a capela da mesma catedral outra escultura en pedra con similar iconografía, pero esta vez coroada, simbolizando o seu reinado. Finalmente, ambas as dúas representacións (como apóstolo e sedente) serán pronto superadas pola popularidade do Santiago peregrino.
Bibliografía PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Casula: Oficina hispánica. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 164-167.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 08/09/2006
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6