Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000149
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Atribuido a; Benson, Ambrosius
Título Crucifixión
Materia/Soporte Táboa
Técnica Óleo [Sobre táboa]
Dimensiones Altura = 47 cm; Anchura = 32,50 cm
Marco: Altura = 58,50 cm; Anchura = 45 cm
Descripción Cadro de devoción que representa a escena da crucifixión na que subsisten as tradicións góticas impoñéndose as formas renacentistas. A escena do cadro preséntase sobre un fondo arquitectónico puramente catrocentista de liñas definidas, pertencente á cidade de Xerusalén, mantendo un celaxe dorado no momento do ocaso, escurecido nas capas superiores. Na combinación rixe unha distribución xeométrica e ordenada dos personaxes de suaves modelados e contornos imprecisos, que reflicten a emoción en diferente grao. Preséntase a Cristo crucificado fronte ao espectador, con tres cravos, e coas pernas dispostas completamente rectas, coa cabeza, coroada de espiñas, inclinada sobre o ombro dereito. Aos seus pés María Magadalena axeonllada ao pé da cruz aludindo á redención do pecado. A Nai de Deus en actitude de recollemento, sobriamente dolorosa, vai ataviada cunha touca branca e unha túnica e manto escuros, coa cabeza baixa. Destaca a figura de San Xoán, asimiladora das máis puras formas do renacemento italiano, apreciándose no seu manto a particular forma de pregar as teas de Benson, sobre todo nas mangas, para dar calidade ao veludo.
Iconografia Crucifixión
Datación 1501=1533
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Lugar Específico/Yacimiento Colexio Carmelitas Vedruna
Clasificación Razonada A obra foi dada a coñecer en 1970 pola profesora dona Elisa Bermejo como obra atribuíble a Ambrosius Benson. O catálogo de obras de Benson conservadas en España é abundante, en claro contraste coa escaseza da súa autoría presentes en Bélxica, polo que algúns autores pensan nunha posible estadía do autor no noso país. Aínda que a maioría cren que está motivado pola exportacións das súas obras cara o noso país; algo habitual nesta época na que os Países Paixos pertencen á coroa española. Sábese que Benson mantivo un estreito contacto coa colonia de mercadores españois instalados en Bruxas, incluso adquirindo o pintor, unha casa do mercador Lucas de Castro, pagándolle a metade con oito cadros. A meirande parte dos cadros de Benson atopámolos nas provincia de Segovia, onde, segundo o Marqués de Lozoya, as familias nobres como Del Campo o Arias Dávila foron os seus principais clientes. Este pintor atopámolo asociado ao obradoiro de Gerard Davis, Adriaen Isenbrant, autor de pezas moi coincidentes coas de Benson, ata o punto que durante moito tempo foi imposible delimitar as súas producións, atribuíndoas durante anos a un anónimo autor que se denominou "Mestre de Segovia". Segundo Elisa Bermejo, a Magdalena é a imaxe máis interesante que responde a un tipo feminino moi característico de Benson. Na peza tamén se acusan outras características do autor como son as mans de dedos longos con articulacións medias acusadas. Tanto a Virxe como a Magdalena amosan claras similitudes coas figuras do "Descendemento da Cruz" de Gerard Davis, hoxe na National Galery de Londres. Tamén garda un indiscutible parecido coa táboa de Isenbrant que se conserva na igrexia de San Lemes en Burgos, dando fe da relación entre ambos artistas.
Responde esta táboa, aos chamados cadros de devoción, concebido para a meditación privada, enmarcándose na nova corrente espiritual individualista e emotiva que xorde nos Países Baixos e que axiña se difunde por toda Europa.
Bibliografía ANGULO IÑIGUEZ, D. Pintura del Renacimiento, Ars Hispaniae, XII. Madrid: 1954.

BERMEJO MARTÍNEZ, E. Gerard David y Ambrosius Benson, autores de dos pinturas inéditas de la Virgen con el Niño. Archivo Español de Arte. Madrid: 1975, p. 259; XLVIII, nº 190-191.

BERMEJO MARTÍNEZ, E. Nueva Virgen de la Leche de Ambrosius Benson. Archivo Español de Arte. Madrid: 1974, nº188p. 403; XLVII.

BERMEJO MARTÍNEZ, E. Nuevas obras de Benson en España. Archivo Español de Arte. Madrid: 1970, XLIIIpp. 117-130.

CONTRERAS Y LÓPEZ DE AYALA; JUAN; MARQUÉS DE LOZOYA. Historia del arte hispánico / por el Marqués de Lozoya. 1931-1949. p. 289; Salvat, Barcelona.

HAMMACHER, A. Arte flamenco y holandés. 1973. Enciclopedia Las Bellas Artes, III, Milán.

LÓPEZ MORAIS, A.. Crucifixión de Ambrosio Benson. La Región. Ourense (l): 10/03/1977.

LORENZO RUMBAO, B. Crucifixión. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 10/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_10_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 10/05/1943
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6