Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000286
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Nosa Señora do Refuxio
Materia/Soporte Madeira
Tea
Técnica Talla
Policromía
Dimensiones Altura = 70 cm; Anchura = 23 cm; Profundidade = 16,50 cm
Descripción Virxe entronizada, de tradición románica e influencia bizantina onde predomina a presenza de Maria como Theotocos, exaltación da Virxe como Nai de Deus. O seu rostro, de perfil ovalado e faccións doces, enmárcase por un veo suxeito por unha coroa que cae debuxando un zigzag ata os ombreiros. Viste túnica e manto de rica policromía en cores vermellos e azuis enriquecidos por motivos de rombos e bordes dourados, que sirven para delimitar as distintas teas e roupaxes. Lémbranos, nas súas liñas e cores, ás pinturas do románico catalán e aos nítidos cores das miniaturas. Os brazos, que hoxe non se conservan, sosterían ao Neno, como é propio nestas Virxes. A parte posterior non está tallada, xa que estas imaxes solían estar colocadas, nun lugar preferente presidindo o altar maior, sobre unha fornela suxeita á parede ou directamente sobre esta, de xeito, que a súa parte posterior permanecía oculta aos ollos da xente. A iconografía, moi tradicional, responde a modelos románicos de influenza bizantina, onde predomina a presenza de María como Theotocos, sempre en relación directa coa figura do Salvador, seu fillo, ao que sostén en brazos, sen manter con El unha relación maternal, amosándoo ao mundo. María represéntase, así, como a muller que fai posible o milagre da Redención, e como tal se amosa, con toda a dignidade, situada nun trono, hierática, frontal e intemporal. Empregando, para isto, unha composición pechada en volúmes xeométricos reforzados polo emprego da liña recta. O escultor abandona, aquí, a observación da natureza, non necesita imitar ao mundo das cousas visibles senón que se rixe por fórmulas prefixadas de antemán, dictadas moitas veces por disposicións eclesiásticas, que marcan pautas ideais ao servizo do sagrado. A escultura ten, entón e sobre todo, unha función didáctica, e para iso, elimínase todo aquelo que non é esencial e reálzase o que é fácil de comprender por uns fieis moitas veces analfabetos.
Datación 1167=1200
Contexto Cultural/Estilo Románico
Uso/función Devocional
Lugar de Procedencia Compostilla
Lugar Específico/Yacimiento Santuario de Nuestra Señora del Refugio
Clasificación Razonada Estas pequenas imaxes exentas foron, xeralmente, produto de talleres modestos de tipo popular que, a miúdo, alonxados dos grandes centros culturais limitábanse a repetir un número moi reducido de tipos iconógraficos, que tiveron moita aceptación e longa pervivencia no tempo, polo que resulta complicado establecer unha relación estilística e cronolóxica coa escultura monumental, que sufríu unha evolución máis rápida e frutífera.
Bibliografía SOREL, A. Curiosidades del Museo Orensano. Faro de Vigo. Vigo (m): 26/07/1970.

VEIGA ROMERO, A. M. Nosa Señora do Refuxio. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 04/1999. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_1999_04_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 125-127; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
Catalogación Veiga Romero, Ana María
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6