Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000361
Clasificación Genérica Armamento
Objeto/Documento Espada
Materia/Soporte Bronce [Aleación baixa de bronce con contidos de arsénico e outras impurezas (Junghans et alt, 1968)

Composición (%) segundo a analítica:

SERIE S.A.M. (7574)
Sn: 5.1
Pb: Spur
As: 1
Sb: 0.23
Ag: 0.013
Ni: 0.88
Bi: 0.018
Au: -
Zn: -
Co: -
Fe: -]
Técnica Fundición [En molde]
Forxado
Puído (1) [Mediante abrasión, principalmente lonxitudinalmente]
Dimensiones Peso = 630 gr; Anchura = 4,80 cm; Grosor = 0,60 cm; Lonxitude = 67,50 cm
Descripción Espada de coroa de remaches: base recta con seis buratos para a suxección do encabezamento mediante remaches (dous deles fragmentados) catro na parte distal e outros dous xusto debaixo dos exteriores. A folla presenta un suave nervo central, sendo a súa sección lenticular. Os fíos están traballados cun bisel simple que se xunta na punta, tamén biselada. O biselado obtén uns fíos finos e cortantes. Os buratos están ben delineados e perforados.
Datación 1250[ac][ca]-1100[ac][ca]
Contexto Cultural/Estilo Idade do Bronce Medio
Idade do Bronce Final
Uso/función Ruiz- Gálvez (1995:23) sinala que a espada, relacionada cunha vía natural de auga (a do Bierzo a través do curso do Sil), foi ocultada intencionadamente, tal coma outras, cunha finalidade funeraria e de control dun punto de paso estratéxico, nun acto público de amortización dun obxecto de valor social.
Lugar de Procedencia Forcas (San Mamede)
Clasificación Razonada Pola súa tipoloxía e a súa composición química é considerada, segundo os autores, ben no Bronce Medio ou ben nas fases iniciais do Bronce Final. Mejide a situa nun momento avanzado do bronce Medio, aínda que sinala que autores como Almagro, son partidarios de datacións máis tardías do Bronce Final. Polos mesmos criterios tecno-tipolóxicos, Ruiz-Gálvez a inclúe no Bronce Final I, considerando que este tipo de espadas argáricas terían evoluído dos modelos bretóns de finais do Bronce Antigo, que chegaría á Península vía atlántica. Deste xeito as espadas bretonas tipo Saint Brandan e as tipo argárico derivarían dunha mesma familia común aínda que desenrolaran fisonomías particulares.
Bibliografía COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Noticias. 1905. p. 360; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, II, nº 44.

FERRO COUSELO, J. Memoria del Museo Arqueológico de Orense. Memorias de los Museos Arqueológicos Provinciales. Madrid: 1942, p. 121.

Harbison, P. Meditarraneam and atlantic elements in the Early Bronce Age of Northern Portugal and Galicia. Madrider Mitteilungen. 1967, 8, pp. 100-122. pp. 100-122.

LÓPEZ CUEVILLAS, F; BOUZA BREY, F. Os oestrimnios, os saefes e a ofiolatría en Galiza. 1929. p. 269; Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.

MEIJIDE CAMESELLE, G. Las espadas del Bronce Final en la Península Ibérica. Universidade de Santiago de Compostela, 1988. p. 3.

RUIZ-GÁLVEZ PRIEGO, M. La Península Ibérica y sus relaciones con el círculo cultural atlántico. 1984. pp. 97-98; Universidad Complutense, Madrid.
Forma de Ingreso Doazón
Fuente de Ingreso Conde Valvís, Francisco
Fecha de Ingreso 06/1905
Catalogación Comendador Rey, Beatriz
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Eduardo Breogán Nieto Muñiz

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6