Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-109
Clasificación Genérica Indumentaria litúrxica e ritual
Objeto/Documento Fragmento de cenefa
Autor/a Escola castelá
Materia/Soporte Soporte: Fibra de liño Branco [Tecido de liño con ligamento de tafetán]
Fío de seda Verde [Verde o fondo, vermello o reborde dos motivos vexetais e a parte interior do tondo, azul claro o fondo do santo e o sombreiro, azul escuro o libro e beige e marrón para o manto.]
Bordado: Fío de ouro [Motivos vexetais, tondo e detalles da figura do Santiago]
Técnica Soporte: Tecido
Decoración: Bordado
Dimensiones Longo = 0,50 cm; Alto máximo = 22 cm; Ancho máximo = 17 cm
Características Técnicas Bordado:Puntos gobelinos dereitos = Emprégase nas bandas horizontais de cor verde do fondo
Tondo:Puntos enxavados = Con fío de ouro
Descripción Fragmento dun ornamento litúrxico de forma rectangular no que se aprecia un tondo bordado coa imaxe de Santiago Peregrino, vestido con túnica e manto, co libro aberto na man esquerda e o báculo na dereita. Por riba do círculo en fío dourado que enmarca o tondo, apreciase a tela verde da vestimenta á que pertencía este fragmento e a súa decoración de carácter vexetal, formada por caulículos ondulantes e follas carnosas de borde lobulado realizada con fíos dourados entorchados, estes motivos vexetais vense destacados por un fino contorna en fío de seda vermello.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1576=1600 (Último cuarto do século XVl)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Castela e León (España, Europa do Sur)
Uso/función Ornamentación de roupas litúrxicas
Lugar de Procedencia Madrid (m)
Lugar Específico/Yacimiento Comisaría del Patrimonio Artístico (Casón del Buen Retiro)
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: El Mundo de las Creencias. Museo de Teruel. 24 de novembro de 1999 ó 15 de marzo de 2000. Organizada polo Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid e o Museo Teruel. -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004. - Pilgrimage and faith: Buddhism, Christianity and Islam. Rubin Museum of Art. Nova York, do 1 de xullo ao 26 de outubro de 2011.
Clasificación Razonada Estamos ante un bordado erudito realizado con fíos de seda e fíos entortados de ouro. O fondo da peza encóntrase totalmente cuberto por puntos gobelinos dereitos, coas súas características banda horizontais, técnica así denominada por ofrecer un aspecto próximo ó que presentan os tapices. Na parte superior apréciase un fermoso adorno vexetal tipicamente renacentista realizado en ouro e cun fino contorno en fío de seda vermello que define as formas, facéndoas destacar. A cor verde desta zona do bordado indica a súa pertenza a un ornamento dos empregados no tempo litúrxico ordinario; polo seu ancho procedería dalgunha das cenefas centrais dunha casulla que en calquera das dous caras ornaban estas prendas neste período, seguindo os modelos estilísticos ao uso que se impuxeron a finais da Idade Media. A figura do santo, bordado en sedas polícromas e ouro, está enmarcada por un tondo bordado en punto enxavado, tamén en fío de ouro, e un anel interior en fíos de seda vermella.
As cenefas bordadas utilizadas para realzar estas vestimentas litúrxicas estaban formadas no caso particular das casullas, con decoración de carácter vexetal que rodeaba medallóns nos que frecuentemente aparecían imaxes de apóstolos, santos e mártires. Neste caso represéntase o Apóstolo Santiago identificado polos seus atributos esenciais que o foron caracterizando dende o século XII, o bordón e o sombreiro de aba volta, nunha progresiva asimilación cos cada vez máis numerosos peregrinos que acudían a venerar a súa tumba en Compostela. Ata o século XVI, a adopción iconográfica destes elementos usuais na indumentaria do peregrino medieval conxugase con outros propios do Colexio Apostólico como a túnica e o manto xunto o libro sagrado.
A calidade da decoración vexetal da zona superior é maior do que se aprecia na figura de Santiago, o que podería indicar a intervención de dous bordadores diferentes na realización da obra. Esta circunstancia explicaríase polo amplo desenvolvemento que adquiriron os obradoiros españois de bordados ó longo do século XVI xa que en moitos deles, os bordadores especializábanse na realización de determinadas técnicas e interviñan varios operarios na elaboración dunha mesma peza.
O desenvolvemento destes obradoiros foise estendendo ó longo de diferentes rexións españolas, e chegou a ser a cidade de Sevilla a primeira en ditar ordenanzas para regular o exercicio do oficio en 1443. No século XVI, os centros de produción de bordados máis relevantes eran, ademais dos sevillanos, os establecidos en Toledo, Valencia, Madrid, Barcelona e Ciudad Rodrigo. Tamén merecen especial mención pola riqueza e calidade dos seus traballos os fundados por ordes relixiosas masculinas coma os dos mosteiros de Guadalupe e del El Escorial, que estaban dedicados exclusivamente á elaboración de traballos de carácter litúrxico, nos que se utilizaban sempre sedarías e fiados de sedas e torcidos de ouro e prata de máxima calidade, para chegar a se lograr unha excepcional perfección técnica.
Bibliografía BENITO GARCÍA, Pilar. Santiago Peregrino. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 288-289.

PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Fragmento de Cenefa de Casulla. El mundo de las creencias [catálogo da exposición]. Teruel: Diputación Provincial, Museo de Teruel, 1999. p. 197.
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6