Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 625
Clasificación Genérica Instrumentos de música cerimonial e ritual comúns; Cordófonos
Objeto/Documento Organistrum
Autor/a Luengo Fernández, Francisco
Fernández, Miguel Ángel
Conjunto Instrumentos do Pórtico da Gloria. 7 reproducións
Materia/Soporte Roda: Madeira de nogueira
Manubrio: Ferro
Cordas de violín, viola, violoncelo e piano: Tripa
Técnica Talla
Dimensiones Altura = 120,40 cm; Longo = 19 cm; Anchura = 28,20 cm
Descripción Reproducción - Organistrum que reproduce o que portan os anciáns números 12 e 13 do Pórtico da Gloria da catedral compostelá, ocupando a parte central da arquivolta.
Partindo de dous bloques de madeira de tileiro, baléiranse interiormente e dáselles a característica forma en "8" da caixa harmónica. Da mesma madeira elabóranse tamén o caravilleiro e as tapas da caixa e do mastro, o cordal, e a ponte. En lugar de vernis empregouse grasa de cabalo para cubri-la súa superficie. De madeira de nogueira, aproveitando o corazón da árbore, realizouse o disco. O manubrio que fai xirar o disco é de ferro. Leva tres cordas de tripa retorcida de animal. Para facer soar o instrumento precísanse dúas persoas, unha dá voltas ao manubrio mentras que a segunda despraza as teclas que modifican a vontade a lonxitude das cordas e, daquela, o son. A afinación consíguese pulsando as tecras e o son é producido ó ser frotada-las cordas pola roda de madeira.
A tapa da caixa harmónica estrutúrase en dous círculos ben destacados por medio dunha cenefa perlada. O máis arredado do centro presenta unha composición en cuadrifolia lixeiramente calada, dispondo da abertura para a roda ao tempo que sostén a ponte. O outro círculo ofrece unha superficie amplamente calada con motivos fitomorfos organizados en cruz.
Pola súa banda, o mastro-caravilleiro conta con 12 caravillas e a tapa decórase cun complexo entrelazo calado enmarcado por un contario. O cordal, suxeito por unha corda de tripa, decórase cunha composición xeométrica cun motivo romboidal central.
Iconografia Instrumento de música medieval
Datación 1988
1901=2000 (Século XX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Instrumento musical.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>:-Vlll Centenario del Pórtico de la Gloria e o seu tempo. 1988. Santiago de Compostela. - Simposio Instrumentos medievales organizado pola Universidad Itinerante no Museo das Peregrinaciones, 1989.
Clasificación Razonada O organistrum é un cordófono complexo, definido como tal na Idade Media, constituíndo un instrumento innovador que achega extraordinarias posibilidades polifónicas. Este feito, xunto coa habelencia necesaria para a súa utilización, levou a que fose considerado como o prototípico instrumento culto, provocando a admiración dos que o escoitaban e o orgullo dos que o facían soar e dos que o posuían. Esta valoración faría tamén que a miúdo se dotasen dunha rica decoración, tanto escultórica como pictórica.
A configuración plena parece acadarse no século XII, pero son diverxentes as consideracións dos especialistas sobre a súa orixe. Parece obedecer a unha evolución da fídula en "8" na que se substitúe a fretación do arco pola da roda e se perfecciona cun teclado. A evolución posterior do organistrum suporá que a caixa de resonancia se reduza á caixa do teclado (mastro-caravilleiro), coñecéndose co nome de "sinfonia" que evolucionrá de forma natural ata se converter en "zanfoña".
Este instrumento, xunto con outros que forman parte da colección do MDPS, e produto dun proxecto pioneiro desenvolvido neste museo en colaboración con Luttiers de Compostela (Miguel Ángel Fernández e Francisco Luengo) que contemplaba a reprodución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela. Así, daríase forma ás primeiras reproducións en madeira dos referidos instrumentos que servirían de fundamento teórico-práctico para os posteriores proxectos iniciados a raíz da celebración do oitavo centenario do Pórtico e que contarían co patrocinio axeitado e acadarían unha gran repercusión.
Bibliografía LÓPEZ CALO, José. La música medieval en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1982.

O Pórtico da Gloria e o seu tempo: catálogo da exposición commemorativa do VIII centenario da colocación dos dinteís do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago: Santiago, do 16 de setembro ó 17 de novembro de 1988. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Deportes, 1988. Páx. 41.

RAULT, Christian. La reconstrucción del organistrum. Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo, coordinación José López-Calo. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993. pp. 383-406.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6