Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-470
Clasificación Genérica Pintura; Artes plásticas; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Anónimo [¿Escola española?]
Título San Xulián o Hospitalario
Materia/Soporte Cristal
Pigmento
Técnica Acuarela
Dimensiones Alto con marco = 31 cm; Altura = 31 cm; Longo = 25 cm
Cristal: Altura = 24,50 cm
Descripción Sobre un fondo de paisaxe represéntase unha figura masculina en pé que se corresponde cunha figuración de san Xulián o Hospitalario ataviado con indumentaria de peregrino. Suxeita bordón nas súas mans. Leva túnica branca que se axusta na cintura e manto negro con esclavina enfeitada con dúas vieiras. No sombreiro, que pende ás costas, outra vieira, e colgando da cintura unha cabaza. Ao seu carón, un tocón de madeira no que está cravada unha machada. Ao fondo, un edificio circular cupulado de liñas clásicas
Iconografia San Xulián o Hospitalario
Datación 1701=1750 (1ª metade s. XVIII)
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001, Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
Clasificación Razonada Polos seus atributos e a súa vestimenta, esta representación parece corresponderse con san Xulián o Hospitalario, santo pouco coñecido do que non se sabe con exactitude nin o seu lugar de orixe nin a súa data de nacemento e que non debe ser confundido con moitos outros que levan o nome de Xulián. Sen embargo, no "Romancero Español" consta como de pais españois pero nado en Nápoles. A súa vida presenta elementos comúns a outros santos como San Eustaquio e San Cristovo, xa que chegou a ser parricida pola fatalidade dos feitos. Unha especia de Edipo cristián. Segundo a Lenda Dourada un cervo que intentaba cazar avisouno que un día mataría aos seus padres. Para que esta predición non se cumprise fuxiu da súa casa e foi protexido por un rei que o nomeou cabaleiro pola súa valentía. Casou coa viúva dun rico home. Os seus pais desolados pola súa fuxida buscárono e atoparon o castelo no que vivía. En ausencia del a súa muller acolleunos e fíxoos meterse na súa propia cama para que descansasen da viaxe. Xulián, entrando pola noite e vendo un home e unha muller na súa cama, sen distinguir de quen se trataba, matounos cunha machada. Despois a súa muller describiulle a chegada dos pais e descubriuse a tremenda. Para expiar o seu involuntario crime foise retirado a unha ribeira preto do Gardon e púxose ao servizo dos peregrinos axudándoos a pasar o río nunha barca e aos enfermos recollíaos nun hospital que el mesmo construíu coas súas mans. Pero unha noite escoitou a chamada dun viaxeiro enfermo de lepra. Sobrepoñéndose á súa repugnancia deitouno na súa mesma cama para que entrase en calor: Era Cristo que quería poñelo a proba e anunciarlle o seu perdón.
Noutras versións, non aparecen episodios como o de cervatiño e outros cambian lixeiramente. A súa lenda fíxose moi popular no século XIX xa que Gustave Flaubert tratouna no seu libro Tres Contos (1877). Atributos: represéntaselle como cabaleiro, con túnica curta e espadas, arcos ou frechas en lembranza da primeira parte da súa vida e en menos ocasións, vestido de monxe.Escenas: As máis numerosas son a morte dos seus pais, a pasaxe do río e a hospitalidade que ofrece aos peregrinos. Non parece ser moi común atopalo como peregrino como nesta pintura, pero así aparece tamén na igrexa do hospicio de San Xulián dos Flamengos en Roma onde nunha escultura, obra de Van Poucke, escultor del s. XVIII, aparece un grupo escultórico en mármore representando a escena na que a Virxe lle doa o hábito de peregrino a San Xulián. Pola incerteza da súa lenda son poucas as igrexas dedicadas, sendo máis frecuentes en Francia e en Flandres. Os flamengos tíñanlle especial devoción dende a Idade Media na que fundaron o hospicio en Roma que leva o seu nome. É patrón de numerosas corporacións e gremios: dos pescos, porque o río que el axudaba a atravesar estaba cheo de peixes, dos carpinteiros e construtores porque construíu el mesmo un hospital. Tamén era honrado polos peregrinos, pousadeiros e viaxeiros en xeral. De feito foron bastantes os albergues dedicados a este santo.
Bibliografía PESQUERA VAQUERO, María Isabel. San Xulián o Hospitalario. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 264-265.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 28/06/2001
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6