Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-955
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Escola andaluza
Título Retrato de D. Andrés Loyo y Treviño, cabaleiro da Orde de Santiago
Materia/Soporte Lenzo
Pintura ao óleo
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Altura = 118,50 cm; Anchura = 90 cm
Descripción Dentro dun marco ovalado represéntase, de medio corpo, un persoeiro vestido á moda do século XVIII, con distintivos da Orde de Santiago e que aparece identificado por medio da cartela que o pintor sitúa na súa man dereita e que, en letra cursiva, contén o seguinte textos: "A Dn Andres Loyo y Treviño Cavallero del Orden de Santiago. 1748 Cadiz". Sobre un fondo abstracto aparece un personaxe de mediana idade, sen barba e con perruca branca, rizada e ondulada. Veste unha longa casaca de tons dourados con remates de puntillas nos ribetes dos dianteiros nos que, así mesmo, aparecen ollais en horizontal e ringleira de botóns metálicos. As bocamangas con volta ancha marcada con idénticos botóns, presentan no extremo puñetas de encaixe. Unha garabata tamén de encaixe rodea o pescozo do representado e déixase ver ao longo do peito, aproveitando que a casaca está desabotoada ata a cintura. A súa man esquerda introdúcese na parte oposta da cosaca e, á altura do cóbado suxeita un sombreiro de tonalidade escura e, ao parecer
de picos. A súa man dereita terma da cartela que xa se indicou máis arriba na que aparece a data e máis a identificación do personaxe representado. Á esquerda do espectador, á altura da cabeza, sitúase un escudo heráldico, sen dúbida o correspondente á súa familia. Hai que salientar que na parte oposta, e oculto pola capa pictórica, existe outro escudo idéntico, pero de menor calidade e tamaño que foi oculto e posiblemente substituído polo que hoxe é visible. Sobre o peito esquerdo luce un hábito constituído por un soporte en tea vermella da que colga unha cruz de Santiago engarzada sobre un ostentoso montante de metal e pedras preciosas, ao lado da que, bordada directamente sobre a propia casaca, figura unha segunda cruz de Santiago tamén na mesma cor vermella.
Iconografia Cabaleiro da Orde de Santiago
Inscripciones/Leyendas Cartela, Pintado, Cursiva, Español
A Dn Andres Loyo y Treviño Cavallero del Orden de Santiago. 1748 Cadiz
Datación 1748
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Andalucía (España, Europa do Sur)
Uso/función Retrato
Descriptores Geográficos Cádiz
Clasificación Razonada Grazas ao texto que figura na cartela que o representado sostén na súa man dereita, pódese identificar a persoa pintada como D. Andrés de Loyo y Treviño, adiñeirado comerciante de orixe burgalés radicado en Cádiz, onde se dedicaba aos seus negocios relacionados, segundo parece con temas navais. Formaba parte desa denominada habitualmente "nobreza intermedia" que agrandaba o seu capital mediante a realización de negocios diversos que lles permiten en algúns casos amorear grandes fortunas en diñeiro e propiedades e entrar a formar parte desa nova burguesía que se crea nesta época da Ilustración, sobre todo nunha cidade florecente como resultará ser Cádiz, favorecida polo comercio exterior, nomeadamente con ultramar. Este estilo de vida, no que socialmente é moi importante a detentación de cargos e a ostentación de títulos, parece que encaixaría coa personalidade de D. Andrés de Loyo y Treviño. Sábese que entrará a formar parte da Orde de Cabalería de Santiago en 1748, razón pola que, moi posiblemente, encargase este retrato datado nese mesmo ano, a algún pintor de moda nos círculos artísticos gaditanos de mediados do século XVIII.
Andrés de Loyo aparece como prestador da cantidade de 15.000 reás a D. Luis de los Ríos y Velasco (1735-1786), maxistrado campurriano que, en 1770, parte de Cádiz con destino ás Américas a bordo da fragata Nuestra Señora de la Misericordia, chegando a exercer na Audiencia de Santo Domingo para exercer noutras como a de Santa Fe de Bogotá, etc. Grazas a este préstamo de diñeiro, o segundo poderá realizar a viaxe que o levará a América na procura de fortuna.
Descoñecemos todo sobre a autoría do lenzo comentado que parece executado por un pintor convencional do momento, e como se indicaba, tal vez de moda na cidade gaditana ou no seu entorno. Non se aprecian rastros da sinatura na obra, sen embargo, como a familia Loyo Treviño e a súa documentación relacionada coa intensa actividade comercial desenvolvida en Cádiz foi obxecto de varios estudos de investigación, tampouco se pode
desbotar a posibilidade de que, por medio desa fonte, se poida identificar ao artista autor deste retrato que para o representado marcaría un contecemento importante ao poder representarse por primeira vez con distintivos da Orde de Santiago.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 27/03/2009
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6