Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 300
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos de Arte; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Anónimo
Título Santa Isabel de Portugal
Materia/Soporte Madeira
Técnica Policromado
Labra
Pintado
Dourado
Dimensiones Longo = 32 cm; Ancho máx = 38 cm; Alto máx = 80 cm
Descripción Imaxe feminina en pé representando a santa Isabel de Portugal, coñecida como a Raíña Santa (Rainha Santa ). Leva sombreiro de aba volta con vieira na fronte e bordóns cruzados debaixo dela. Veste hábito relixioso pero decorado con motivos vexetais dourados. Cubrindo os ombreiros luce unha esclavina adornada cos mesmos motivos que aparecen no sombreiro. Un rosario pende da súa cintura polo lado esquerdo e no dereito un cinto anoado de corda propio da orde franciscana. Ollos de pasta de vidro. Os seus brazos móstranse cara a adiante. Descansa a imaxe sobre unha peaña de contorno mixtilíneo con inscrición alusiva ao seu nome e rango. A inscrición refírese a Santa Isabel de Aragón (V. Inscricións) e os seus atributos corresponden á súa tipoloxía iconográfica: hábito de monxa clarisa, esclavina e sombreiro de peregrino cos atributos xacobeos e bordón que posiblemente portaría e que agora falta.
Iconografia Santa Isabel de Portugal
Inscripciones/Leyendas Na base, Pintado
Sta YSABEL Ra DE PORTUGAL ARAGONESA ( Santa Isabel Raíña de Portugal Aragonesa)
Datación 1701=1800
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca España (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Relixioso / Devocional.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: - Santiago o Maior e a Lenda Dourada . Museo de Belas da Coruña. 23 de xuño- 1 de setembro de 1999. - Santiago, un tempo, un lugar. Antigo Palacio Arzobispal de Braga ( Portugal ). 14 setembro-30 setembro 2000. Ubicada na área expositiva II - A peregrinación como acto de devoción-.Sen catálogo. - Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Isabel de Aragón, máis coñecida por Isabel de Portugal (1269-1336), foi a filla de Pedro III de Aragón e casou co rei portugués don Dinís. Á morte deste recolleuse nun palacio preto dol convento de Santa Clara en Coimbra onde viviu unha vida relixiosa e moi caritativa, vestindo o hábito de clarisa aínda que non profesara como monxa. Peregrinou dúas veces a Compostela. A primeira vez, como "rainha", documéntase en 1325 e entón recíbea o arcebispo D. Berenguel de Landoria que lle faría entrega dun báculo con empuñadura de ouro en forma de "tau", a imitación do que sostén a figura do Apóstolo no Pórtico da Gloria. Viña para rezar, o día da festa de Santiago, pola alma do seu marido, morto medio ano antes. A segunda vez, dez anos despois, só se documenta na "Crónica de El rei dom Alfonso o Quarto" de Ruy de Pina na que se describe a viaxe como unha peregrina común, facendo o percorrido a pé e co hábito de clarisa, e coa intención de pregar pola súa alma. Os acontecementos piadosos da súa vida levaron a gañarse o alcume de "Rainha Santa". Foi beatificada en 1516 e canonizada en 1625. Na historia da peregrinaxe a Compostela é unha das persoeiras ilustres máis salientables.
Bibliografía Santiago Apóstolo dende a memoria: Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol, 24 de xuño - 31 de agosto, 2004, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, 14 de setembro - 30 de decembro, 2004. García Iglesias, José Manuel(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. p. 273.

Santiago o Maior e a Lenda Dourada: Museo de Belas Artes da Coruña, 23 de xuño - 1 de setembro 1999 [catálogo de exposición]. Calvo Domínguez, Marcelina(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 1999. pp. 96-97.

SINGUL, Francisco. Santa Isabel de Portugal como peregrina. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 94-[95] .

Un tempo um lugar: Santiago de Compostela [exposición]. Iglesias Díaz, Carmo(coord). Braga: Universidade do Minho, 2000. p. 3.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6