Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004136
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Sedente de Xinzo I
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 40,50 cm; Altura = 69 cm; Profundidade = 47 cm
Descripción Representra unha figura en posición sedente á que lle falta a cabeza. Viste roupas sinxelas, unha túnica ou saio do que non se aprecia o remate e que presenta unha escotadura triangular nas costas e no peito por onde corre unha liña lonxitudinal. Os brazos adórnanse con viriae ou brazais de triple aro e dóbranse polos cóbados de modo que o antebrazo corr por riba das coxas. Con ámbas mans suxeita o que parece unha pátera ou quizais unha cartela. O mal estado de conservación da peza nesta zona, coa man dereita case desaparecida, dificulta o seu exame; sen embargo deixa ver que a man esquerda agarra un obxecto cilíndrico. As pernas, separadas, están formadas por dous toscos cilindros e están crebadas na zona dos pés que non se conservan.
Tanto as roupas que leva como os brazais son iguais aos que mostran os chamados guerreiros galaicos.
A cadeira sobre a que descansa a figura ten as patas e os brazos ben sinalados e o respaldo escadrado, presentando no remate superior do mesmo dúas molduras torneadas lisas como único elemento decorativo.
É posible que levara no colo un torques tal como parece lucir a outra figura sedente que apareceu xunto con esta, pero o feito de estar rota a escultura nesa zona non permite aseguralo.
Datación 1=100
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Lugar de Procedencia Xinzo de Limia (l)
Lugar Específico/Yacimiento O Regueiro
Clasificación Razonada A representación de figuras sedentes, das que ademais dos dous exemplos de Xinzo contamos co de Lanhoso (Portugal) é o recentemente descuberto de Braga (Portugal) e Pedrafita (tamén na provincia de Ourense), foron interpretadas como divindades, imaxes delimitadoras dun santuario, estatuas funerarias, retratos oferentes, "deusas nais" ou "matres". Tamén as diverxencias existen en canto a condición das mesmas como figuras masculinas ou femininas. No que si parecen estar dacordo os estudosos do tema é en que a idea de estatuas sedente procede do Mediterráneo (Grecia e Magna Grecia), podendo relacionalos coas sedentes ibéricas tipo Dama de Baza e similares, atopadas nun contexto funerario. O feito de ter a de Lanhoso un oco escavado na base da cadeira levou a suxerir a posibilidade de que se tratara tamén dunha estatua-urna cineraria, función que por analoxía faise extensible aos demais exemplares.
En canto á súa cronoloxía, varios son os motivos que segundo Calo levan a situalas no século I d.C. Por unha banda as súas similitudes cos guerreiros galaicos, datados nese momento; por outra, o paso nos usos funerarios do rito de incineración ou de inhumación a comezos do século II d.C.; e por último, e concretamente para as pezas de Xinzo, o propio contexto arqueolóxico no que foron achadas, con material asociado de época romana.
Bibliografía ACUÑA CASTROVIEJO, F. A escultura da Gallaecia. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. Santiago de Compostela: 1997. pp. 238-245.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Escultura galaico-romana. Actas de la I reunión sobre escultura romana en Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1993. pp. 195-202.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. As estatuas sedentes de Xinzo. 22/11/1972. Xinzo en festas, Días 16, 17 e 18 de xulio de 1983, Diario La Región.

ACUÑA CASTROVIEJO, F. Aspectos artísticos. O mundo castrexo e romano. 1991. pp. 307-313; Prehistoria e Historia Antiga de Galicia. Galicia Historia I, Ed. Hércules, A Coruña.

CALO LOURIDO, F. Artes plásticas, cultos e ideoloxía na Galicia castrexa. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. Santiago de Compostela: 1997, p. 98.

CALO LOURIDO, F. Sedente de Xinzo de Limia. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. p. 110.

CALO LOURIDO, F. A cultura castrexa. Vigo (m): A Nosa Terra, 1993. pp. 144-145; Historia de Galicia, nº 3.

CALO LOURIDO, F. A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. Coruña (A) (l): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994. p. 650, nº 1.

CASTRO PÉREZ, L. Los torques de los dioses y de los hombres. 1992. pp. 114-115; Cuadernos de Historia, nº 1, Ed. Vía Láctea, A Coruña.

CEGARRA, B. Guía da arte de Galicia. Vigo (m): Editorial Galaxia, 1992. p. 95.

FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. p. 87; Orense, II, Diputación Provincial.

FARIÑA BUSTO, F; CALO LOURIDO, F; ACUÑA FERNÁNDEZ, P. Escultura Castrexa. Gran Enciclopedia Gallega. 10. pp. 123-124.

FARIÑA BUSTO, F; XUSTO RODRÍGUEZ, M. O ara de Xinzo e a súa contextualización arqueolóxica. Boletín Auriense. Ourense (l): 1995, XXV. pp. 61-80.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, S. Un guerrero galaico en la parroquia de Borreiros (Gondomar), el segundo hallado en la provincia de Pontevedra. Breves notas sobre los guerreros galaicos y sus orígenes. Actas del XXII C.N.A. Vigo (m): 1995. pp. 179-183.

FERNÁNDEZ PINTOS, P. Sedente de Xinzo de Limia I. El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia. Diputación Provincial de Lugo, 1996. p. 112.

FERRO COUSELO, J. Estatuas sedentes y una columna miliaria de Xinzo de Limia. Boletín Auriense. Ourense (l): 1972, II. pp. 329-335.

FERRO COUSELO, J. Guía abreviada del Museo. Boletín Auriense. Ourense (l): 1974, IV. p. 206.

FERRO COUSELO, J; LORENZO FERNÁNDEZ, X. Excavaciones en el Castromao, Celanova (Ourense). Noticiario Arqueológico Hispánico, Prehistoria. Madrid: 1976, 5. p. 354.

GARCÍA MARTÍNEZ, M. C. Prehistoria. 1988. Enciclopedia Temática de Galicia, Editorial Nauta, Barcelona.

IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. p. 21; Orientación didáctica - guía escolar, Vigo.

LUIS TORRES, Mª I. O sedente de Pedrafita. Boletín Auriense. Ourense (l): 1997, XXV. pp. 37-50.

RIVAS QUINTAS, E. A Limia : Val de Antela e Val do Medo. Deputación Provincial de Ourense, 1985. pp. 163-164.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Galicia meridional romana. 1977. pp. 325-326; Universidad de Deusto, Bilbao.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Historia del arte romano en Galicia. 1993. pp. 446-449; Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña.

VÁZQUEZ VARELA, J. M. Arte prehistórico. Historia del Arte gallego. Madrid: Editorial Alhambra, 1992. p. 42.

VV.AA.. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. 1997. p. 321; Santiago de Compostela.

VV.AA.. Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense. Ourense (l): Xunta de Galicia, 2017. p. 117.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6