Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 207
Clasificación Genérica Instrumentos de música cerimonial e ritual comúns; Aerófonos; Instrumentos de música cerimonial e ritual específicos; Cristianismo: instrumentos de música cerimonial e ritual
Objeto/Documento Órgano
Autor/a Tafall y Miguel, Mariano [(Lleida 1805- Santiago 1872). Autor de Arte completo del constructor de órganos, ó sea, guia manual del organero, Santiago de Compostela, 1872-1876. Reeditado en 1996 pola Xunta de Galicia.]
Título Órgano de Mariano Tafall
Materia/Soporte Madeira de piñeiro
Madeira de nogueira [rexistros]
Trompetería: Chumbo
Teclado: Óso
Madeira de ébano
Técnica Talla
Calado
Policromado [sistema mecánico]
Dimensiones Alto máx = 215 cm; Profundidade = 78,50 cm; Ancho máx = 128 cm
Descripción A caixa do instrumento consta de dous corpos separados pola trompetería vertical. O primeiro corpo, ou baixo, acolle as partes mecánicas. O superior protexe e soporta a tubaxe. Dispón de cinco xogos completos cun bloque de tubos adicionados de dúas primeiras oitavas. O teclado é único e conta con 51 teclas, as brancas de óso e as negras de ébano. Ten un só pedal vinculado ao rexistro de claríns. Posúe motoventilador eléctrico moderno. Decoración polícroma en verde e ocre. Copete en madeira calada con flores de catro pétalos en óvalos. Duás portas pechan a parte alta pola fronte e ocultan a sonería do instrumento e abertas ofrecen unha estrutura de trítico.
Ten sitial da época.
Os recursos funcionais do órgano son: teclado único e un só pedal vinculado ao rexistro de claríns. Dez xogos dos que cinco están a disposición de cada man. 1.- Xogos de labiais: Frautado de 13, frauta, octava de 4 (bis), quincena, cheo (bis) e violín. 2.- Xogos de lingüetería: Clarín e baixonciño. (Tomado de Jiménez Gómez, 1997).
Firmas/Marcas/Etiquetas Enriba do teclado
MT (M(ariano) T(afall)) [MT encima do teclado, enmarcadas nun espazo rectangular sobre fondo vermello e flanqueado por dous pequenos rosetóns. Corresponden ás iniciais de Mariano Tafall.]
Datación 1860[ca] (ca. 1860. Data que coincide coa da residencia do organeiro na cidade (desde 1853 ou 1854).)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Instrumento musical. Órgano de uso litúrxico.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Convento de San Francisco
Clasificación Razonada A cidade compostelá conta cunha longa tradición musical, tanto de músicos, compositores e construtores de instrumentos, vinculados na maioría dos casos á institución catedralicia, pero os seus clientes espallábanse por outros territorios de Galicia e de fóra dela.
A importancia da música nas celebracións litúrxicas tiña un papel relevante na maioría dos oficios das distintas congregacións relixiosas asentadas na capital. O exemplar hoxe conservado no Museo das Peregrinacións e de Santiago pertenceu no seu día ao Convento de San Francisco desta cidade.
Bibliografía JIMÉNEZ GÓMEZ, Enrique. Órganos históricos compostelanos. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, 1997. pp. 119-122; Cuadernos de Música en Compostela, X.
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6