Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0569
Clasificación Genérica 01.Viticultura; 01.AGRICULTURA
Objeto/Documento navalla
Nombre Específico navalla de enxertar
Materia/Soporte aceiro aliado para ferramentas [Mango de madeira.]
Técnica produción artesanal
Dimensiones Alto = 2 cm; Ancho = 18 cm; Profundidade = 0,70 cm
Descripción Útil formado por unha folla afiada e un mango decorado con motivos xeométricos realizados coa técnica do pirogravado. A unión folla/mango realízase mediante un pasador, reforzándose esta área de transición por medio dunha peza metálica.
Firmas/Marcas/Etiquetas Folla
sucesión de puntos formando un cadrado con un C ou U no centro
Lugar de Producción/Ceca Taramundi (Vegadeo (comarca), Asturias <(provincia)>)
Uso/función Útil co cal realizar no patrón os cortes necesarios para a inserción da puga na técnica da enxerta.
Para un uso correcto, a ferramenta ha de estar perfectamente afiada e limpa; as cicatrices protéxense selando con barro ou cun produto comercial específico, trapos e vimbio ou cordel.
A enxerta ten por obxecto rexenerar unha planta con material vexetativo de características coñecidas e controladas; ten implantación antiga, tamén para árbores fritías, pero no caso da viña converteuse en indispensable cando a chegada da praga filoxérica. Esta fixo inviables as técnicas tradicionais de reprodución das cepas autóctonas en que se conservaba a raíz, xa que o insecto ataca precisamente aí. A partir da expansión da praga (finais do século XIX), a única maneira de cultivar especies de vide europea foi implantar o material autóctono sobre pés americanos resistentes, recubrindo á enxerta.
Lugar de Procedencia Ribadavia (San Domingos)
Historia del Objeto Obxecto mercado por persoal do museo na feira local, en Ribadavia, para o incorporar a colección. A morfoloxía, materiais ( aceiro aliado e madeira de buxo ) e os motivos pirogravados do mango, remítennos a modelos pertencentes ó núcleo de Taramundi.
A difusión destas obras podería vencellarse coa movilidade comercial dos artesáns, ou ben respostar a compras en orixe comercializadas posteriormente por vendedores ambulantes. Sexa como for, a difusión estanos a falar da alta consideración que os viticultores lle profesan ós útiles fabricados nesa área.
Bibliografía Colección vitivinícola, 1. Coruña: 2010. 24-25.

FEITO, J.m.. La artesanía popular asturiana. Gijón: Ayalga, 1986.

SIERRA RODRÍGUEZ, Xosé Carlos. O Ribeiro. O viño da cultura, a cultura do viño. Pontevedra (comarca): Mirabel Editorial, S.L., 2001. 226.
Catalogación Gonzalez Fernandez, Clara
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6