Foto: Clara González Fernández

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1390
Clasificación Genérica Artes suntuarias; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Fanal
Autor/a Taller español
Materia/Soporte Cristal
Madeira
Terraccota
Técnica Modelado [As figuras de dentro do fanal.]
Dimensiones Alto máx, = 50 cm2; Diámetro máximo = 25 cm2
Descripción Presenta unha base cilíndrica de madeira apoiada en patas de bola e decorada no centro do tambor cunha orla floral. Sobre ela insértase unha furna ou fanal de cristal. No seu interior recréase a escena da aparición da Virxe do Pilar a Santiago e aos seus discípulos representada por figuras en miniatura feitas en terracota. A imaxe da Virxe coroada sitúase sobre a columna rematada cunha nube con querubíns e ante ela aparecen tres figuras vestidas ao xeito propio dos peregrinos do s. XVII, con hábitos longos de cor parda, esclavina e sombreiro adornados con vieiras, en actitude de asombro mirando cara a ela. Só un deles porta bordón, quizais unha forma de diferenciar ao apóstolo Santiago do resto dos acompañantes que tal vez puidesen ser os seus discípulos Atanasio e Teodoro.
Detrás da columna da Virxe aparece, nun tamaño moito máis reducido e sen aterse a escala ningunha, un edificio que sen dúbida fai alusión á Basílica do Pilar, nunha fase construtiva anterior a 1872 que foi cando se constrúe a cúpula central que aquí aínda non aparece. O edificio representado aseméllase a unha fortaleza e parece representar o aspecto xeral que ofrecería a basílica do Pilar entre 1750 e a data xa sinalada de 1872.
A base da representación, delimitada perimetralmente cunha balaustrada na que se intercalan os balaústres torneados con piares rematados en bustos, simula un terreo de pequenas pedras sobre as que poden verse ovellas e outros animais co seu pastor, así como árbores, flores e paxaros, representando un lugar bucólico e que contribúen a incrementar ese aspecto decorativo tan frecuente neste tipo de obras. O bordo externo está ocupado por figuriñas de persoas ataviadas de xeito popular.
A furna de cristal ten un aspecto de bastante consistencia e aprécianse imperfeccións que evidencian unha fabricación manual, posiblemente soprado a molde
Iconografia Base do fanal: Aparición da Virxe do Pilar a Santiago;
Escea da aparición da Virxe do Pilar a Santiago e aos seus discípulos representada por figuras en miniatura feitas en terracota. A imaxe da Virxe coroada sitúase sobre a columna rematada cunha nube con querubíns e ante ela aparecen tres figuras vestidas ao xeito propio dos peregrinos do s. XVII. con hábitos longos de cor
parda, esclavina e sombreiro adornados con vieiras, en actitude de asombro mirando cara a ela. Só un deles porta bordón, quizais unha forma de diferenciar ao apóstolo Santiago do resto dos acompañantes que tal vez puidesen ser os seus discípulos Atanasio e Teodoro.
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Uso/función Obxecto de uso devocional para capelas privadas ou casas particulares.
Descriptores Geográficos Zaragoza
Clasificación Razonada TIPOLOXÍA:
Vénse coñecendo coa denominación de "fanal" a esta estrutura de furna de cristal inserta nunha base de madeira que ten por finalidade exhibir, baixo protección, algún obxecto considerado de interese. Tan a súa orixe en Europa, probablemente na Francia do século XVIII para custodiar e
mostrar restos botánicos, zoolóxicos polos naturalistas da época. Posteriormente, e cunha clara finalidade decorativa, foron utilizados para almacenar follas e flores secas e paxaros disecados sobre a base dunha rama de árbore transformándose así nunha especie de "naturezas mortas". Son deste xeito obxectos que enmarcan e protexen unha especie de paisaxe idealizada, mesmo se podería dicir que momificada.
Un paso importante na evolución do fanal tería lugar en América onde vai tomar un carácter completamente diferente. Alí perde ese carácter científico ou puramente decorativo que tiña en Europa para se converter nun obxecto de devoción. Por toda Hispanoamérica, a partires de fins do século XVIII, estes fanais serven xeralmente para custodiar no seu interior unha figura do Neno Deus, aínda que tamén se introducirán outras figuras e representacións de carácter relixioso no seu interior. As figuras que se colocan dentro compleméntanse con outros elementos de orixe natural ou artificial. Neste senso, o fanal convértese en América nun obxecto de uso devocional e decorativo ao mesmo tempo, pero este carácter devocional aparece restrinxido exclusivamente ao ámbito doméstico. Soamente se utilizan en casas, nas capelas de mansións señoriais ou de conventos, en salóns, dormitorios ou celas conventuais. Asistimos pois a unha interesante capacidade de readaptación dunha forma dende o seu orixinario uso científico a un uso decorativo e dende aí a un aproveitamento devocional.
Tampouco se pode esquecer unha das característica dos fanais como é a miniaturización e ese carácter "naif" que acadan as súas representacións, ese certo aire inxenuo que reviste as escenas miniaturizadas e que pode reflectir a simplicidade cotiá dunha fe sinxela, inmanente, sen máis anhelo teolóxico e sen maior transcendencia.

ICONOGRAFÍA: No que respecta á escena representada hai que apuntar que a tradición da aparición da Virxe en corpo mortal a Santiago nas beiras do río Ebro na cidade de Zaragoza atopará no mundo hispano ou en áreas da súa influencia política, cultural ou relixiosa un lugar de preferencia a partires da Idade Media, converténdose nunha das temáticas frecuentes da pintura relixiosa. Se ben a tradición do Pilar se pode remontar á tardo antigüidade (abonde con lembrar as referencias recollidas no relato do bispo Máximo de Zaragoza do ano 571), será a partir das visións místicas de sor María Jesús de Ágreda (1602-1665), cando se potencie esta representación e se troquen os conceptos iconográficos para dar cabida ás descricións que esta monxa recolle nos seus controvertidos escritos. A súa relación con Filipe IV contribuirá á difusión das súas visións e da tradición pilarista en relación coa predicación de Santiago o Maior en España. A partir da segunda metade do XVII as escenas fanse extremadamente suntuosas e tratan de reproducir, na medida do posible, os detalles que da mística visión narra sor María Jesús de Ágreda (principalmente Libro VII, 351 ss.). Deste xeito, o artista conta cun repertorio de elementos que han de figurar: un escenario próximo a un río e a unha cidade (río Ebro, Zaragoza), cuns personaxes (Santiago orante e un número variable pero reducido de discípulos), a Virxe sentada sobre un trono de nubes e querubíns, unha columna de mármore, xaspe ou algunha outra pedra pulida semellante e coa cruz cuadrilátera debuxada, un grupo de anxos transportando unha imaxe da Virxe -que por regra xeral reproduce a escultura conservada na basílica zaragozana tallada entre finais do XV e principios do XVI-, e unha grandísima luz celestial, un coro igualmente celestial interpreta músicas da mesma natureza, todo iso cunha átmosfera sobrenatural ateigada de misticismo.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 19/06/2014
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |

Foto: Clara González Fernández

Foto: Clara González Fernández

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6