Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-165
Clasificación Genérica Artes plásticas; Obxectos de Arte; Escultura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Escola hispano-flamenga
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Policromado
Talla
Dimensiones Altura = 98 cm; Ancho máximo = 32,50 cm; Anchura = 32,50 cm; Longo = 27 cm; Alto máximo = 98 cm
Descripción Representación do apóstolo Santiago o Maior de corpo enteiro en actitude de camiñar. Veste túnica verde ata os pés de mangas longas e manto vermello aberto lateralmente para permitir a saída do brazo dereito. Baixo esta última prenda colga o zurrón ou escarcela de configuración trapezoidal con peche de botón e dúas borlas rematando o bordo inferior. Na súa man dereita suxeita un bordón (posiblemente non orixinal) e na esquerda un libro aberto. Cabelo a xeito de melena ondulada que cae polas costas e barba longa, partida e rizada que se organiza simetricamente. Aparece toucado cun sombreiro de aba volta simulando un tecido vexetal e decorado na fronte cunha vieira na fronte. Os pes están descalzos como corresponde á súa condición apostólica.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1476=1525 (Finais do século XV-Comezos do XVl.)
Contexto Cultural/Estilo Gótico
Lugar de Producción/Ceca Castela e León (España, Europa do Sur)
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: El Mundo de las Creencias. Museo de Teruel. 24 de novembro de 1999 ó 15 de marzo de 2000. Organizada polo Museo Nacional de Antropoloxía de Madrid e o Museo Teruel. Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Represésenta a Santiago cos atributos de apóstolo (túnica e manto, libro dos Evanxeos e pés descalzos) que se mesturan cos distintivos de peregrino (bordón, zurrón, sombreiro e vieira). As características formais e estilísticas da obra como: o tipo de sombrero de aba volta, o tratamento do cabelo e da barba formando grandes bucles de series de rizos representados por arcos concéntricos diferenciados ademais para bigotes e partindo a barba no queixo, así como o tratamento propio dos pregues en V, son aspectos que denotan a influencia da escultura hispano-flamenga de finais do estilo gótico influenciada, especialmente en Castela, na zona de Terra de Campos, polas figuras de Gil de Siloé e Simón de Colonia que infunden ás obras súas e nas dos seus seguidores un gusto xermánico derivado da ascendencia de ámbolos dous escultores. Responde aos cánones propios da escultura dos últimos momentos do gótico.
Pola información dispoñible parece ser atribuíble á escola hispano-flamenga burgalesa.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Escultura. Santiago Peregrino. El mundo de las creencias: [catálogo da exposición]. Teruel: Diputación Provincial, Museo de Teruel, 1999. p. 194..

PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Santiago Peregrino [Escola hispano-flamenga]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 181-[183].

PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Santiago Peregrino [Madeira tallada e policromada]. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 124-125.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 02/04/1997
Catalogación IKONO / Servicios Integrales; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6