Foto: Marta Cancio Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Monográfico del Castro de Viladonga
Inventario 1988/00762
Clasificación Genérica Obxectos metálicos; Material orgánico; Ferramentas e útiles
Objeto/Documento Mecha en tubo de bronce
Materia/Soporte Bronce
La
Técnica Molde
Fundición
Remachado
Fiado
Trenzado
Dimensiones Longo = 65 mm; Ancho = 14 mm; Peso = 6 gr
Descripción Tubo metálico que presenta material orgánico no seu interior. A parte metálica foi realizada a partir dunha fina lámina de bronce -0,125 mm- envolta sobre si mesma e fixada mediante unha liña de catro remaches circulares -un deles perdido-, tamén de bronce. Estes remaches, duns 10 mm de diámetro, atravesan o tubo coidando de que non se desenvolva, á vez que serven para fixar o material do seu interior. No interior do tubo alóxase un cordón de fío trenzado que resultou ser de la. O material orgánico atópase mineralizado e con evidencias de queimado. Por todo isto cremos que se pode tratar dunha mecha de la.
Datación 175[ac]=100 (S.II-V dC.)
Contexto Cultural/Estilo Castrexo
Uso/función Mecha dunha lámpada.
Lugar de Procedencia Castro de Rei, (Lugo)
Lugar Específico/Yacimiento Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo)
Clasificación Razonada O uso de la como mecha estaría favorecido polas súas características estruturais e químicas. Estas confírenlle un importante poder de absorción da humidade en forma de vapor -o que a faría especialmente apta para o seu uso con cera de abella- e un efecto retardador sobre a chama, que prolongaría o seu uso en comparación coas fibras vexetais.
Todo ó longo do imperio atopamos numerosos exemplos de lámpadas de diferente tipoloxía, dende as máis sinxelas lucernas de barro cocido, ata os máis complexos candelabros e lámpadas de metais preciosos ou vidro. A maioría das lámpadas usáronse para prover de luz ó fogar, pero tamén tiveron un importante uso con propósitos relixiosos ou servindo para a iluminación de lugares públicos. O lugar onde se recuperou a peza de Viladonga, xusto ás aforas da croa, nunha das entradas e ós pés do edificio/torre onde se supón existiría un corpo de garda, concordaría con esa necesidade de iluminación nun lugar destacado entre un dos principais elementos de seguridade e de acceso ó castro.
A pesar de que só un puñado de mechas en todo o mundo puido ser recuperado en contexto arqueolóxico, o seu uso debeu ser bastante xeneralizado .
Bibliografía PÉREZ ROZAS, ÁLVARO. A produción téxtil na cultura castrexa: as fusaiolas do Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo). Revista CROA. Xunta de Galicia, 2017, pp. 32-51.

PÉREZ ROZAS, ÁLVARO. Estudo dunha mecha de la procedente do castro de Viladonga. Revista CROA. Xunta de Galicia, 2020, pp.20-31.
Catalogación Pérez Rozas, Álvaro
| más imágenes |

Foto: Marta Cancio Martínez

Foto: Marta Cancio Martínez

Foto: Álvaro Pérez Rozas

Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6