Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-479
|
Clasificación Genérica |
Numismática; Obxectos de actividades económicas; Material arqueolóxico
|
Objeto/Documento |
Moeda
|
Nombre Específico |
Diñeiro tornés
|
Título |
Diñeiro tornés (denier tournois)
|
Emisor/a |
San Martín de Tours
|
Materia/Soporte |
Billón [Cobrizo]
|
Técnica |
Cuñaxe a martelo
|
Dimensiones |
Módulo = 18 mm; Peso = 0,43 gr
|
Descripción |
No anverso, castelo tornés e ao redor a lenda ([SCS M]ARTIN[VS]), todo dentro dunha orladura de puntos. No reverso, cruz patada e ao redor a lenda (+ TVRONVS CIVI) entre orladura de puntos.
|
Inscripciones/Leyendas |
Anverso Reverso, Latín TVRONVS CIVI
|
Datación |
1101=1200
|
Contexto Cultural/Estilo |
Alta Idade Media Idade Media [O seu contexto arqueolóxico é un horizonte de restos plenomedievais, aínda por definir]
|
Lugar de Producción/Ceca |
Tours (Indre e Loira, Centro (Francia)) [Ceca: San Martiño de Tours (burgo de St. Pierre-le-Puillier)]
|
Uso/función |
Unidade de conta, medida de valor e medio de pagamento
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Rúa do Vilar
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: "Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001" Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002.
|
Clasificación Razonada |
A abadía de San Martiño de Tours foi un importante centro monástico en Francia dende a época merovinxia. En época carolinxia hai que destacar que o lugar quedou baixo o dominio da dinastía Robertina (os duques de Francia e logo reis desde Hugo Capeto), que actuaban como os seus defensores e en calidade de abades laicos. O rei Carlos o Simple (898-923) outórgalle (ou confirma) á abadía o dereito de cuñar moeda con tipos propios (dereito confirmado polos reis Raúl (923-936) e Luís IV de Ultramar (936-954)), que en xeral mostraba a cabeza do santo patrón, pero a finais do século X (en época do rei Lotario, 954-985) o tipo pasou a ser o do templo carolinxio, que foi pouco a pouco transformándose no coñecido logo como castelo tornés. Este diñeiro anónimo de San Martiño foi moi axiña recoñecido como moeda de pago xeral en todo o oeste de Francia e incluso fóra do reino.
Politicamente, a zona quedou baixo a soberanía dos monarcas normandos de Inglaterra ata o século XII, época na que o rei Filipe II Augusto (1180-1223) se fixo co seu control, potenciando ao máximo o seu taller monetario. Nun primeiro momento mantivo o tradicional diñeiro anónimo (ata 1191), para logo cuñar ao seu propio nome (1191-1194). Isto provocou unha dura reacción de Ricardo I de Inglaterra, que chegou a pechar o taller, pero a definitiva vitoria de Filipe II sobre Xoán sen Terra devolveulle ao taller abacial a súa importancia. En 1204, unha ordenanza real prohibe o uso do anxevino no oeste do reino, que foi substituído oficialmente polo novo tornés, que tivo un cambio de 4 diñeiros torneses por 5 diñeiros de París (os tradicionais diñeiros dos reis capetos, cambio que se mantivo ata época de Luís XIV). O tornés, xa co nome real, seguiu a súa expansión durante todo o século XIII, tanto durante o reinado de Luís IX (que utilizou a súa tipoloxía para a nova moeda de prata, o groso) como no de Filipe III, que o introduciu en toda a zona sur do reino.
Todo o anterior lévanos a confirmar que estas pezas foron usadas como moeda internacional de cambio polos peregrinos, en especial durante os séculos XII e XIII.
¡
|
Bibliografía |
FRANCISCO OLMOS, José María de; NOVOA PORTELA, Feliciano. Catálogo de numismática do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2009. pp. 154-155, nº 240. SUÁREZ OTERO, José. Moeda. Diñeiro tornés. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 280-281.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por intervención arqueolóxica. Cata/sondaxe
|
Fecha de Ingreso |
19/09/2001
|
Catalogación |
Gigirey Liste, Esperanza
|