Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003471
Clasificación Genérica Téxtiles
Objeto/Documento Bolsa de corporais
Materia/Soporte Metal
Seda
Liño
Técnica Bordado
Dimensiones Anchura = 27 cm; Lonxitude = 27,50 cm
Descripción A peza pertence á indumentaria lda liturxia dentro da sección de tecido, foi realizada en raso de seda de cor branca bordada con fíos de seda de gran delicadeza crómatica en rosa pau, "beige" e distintos tons de verde e azul, mesturados con fíos metálicos que marcan luces e sombras, compoñendo un deseño de flores, follas e abrochos que ocupan todo o espazo en disposición simétrica. Todo o bordado está salpicado de lentexuelas e canutillos de prata que crean pequenos fulgores ao incidirlle a luz, plenamente barrocos. No anverso, no centro, rompendo o espazo e dentro dun feixe de luz solar, está representada a Inmaculada sobre o crecente luar, vestida cun amplo manto azul cheo de estrelas. O interior está formado por entretelas de liño forradas de seda verde.
Desde un punto de vista técnico é un bordado "aol pasado", culto ou "erudito" realizado en punto de matiz ou "pintura á agulla" (acu pictae), matizado con punto de nos, para pétalos e follas, utilizando cordoncillo e cadeneta de puntada larga para "abrir rostros" e "peitear cabelos". É un tipo de bordado de gran vistosidade no que se acostuma a utilizar "seda flor", que é unha seda lasa moi apropiada para que as puntadas queden ben unidas e dean sensación de pintura. O deseño que se vai reproducir tiña un modelo a toda cor que logo se copiaba no tecido; estes debuxos perfílanse por medio duns sinxelos puntos de "bastilla" ou cordoncillo, que na nosa peza pódense ver claramente naquelas partes que están deterioradas. Por último cóbrese o motivo con puntadas lanzadas en disposición alterna e de variados tamaños, seguindo a disposición do debuxo. A composición, complétase con bordado "en ouro" coa técnica de fíos tendidos suxeitos por pequenas puntadas con fíos de seda amarela e verde formando diferentes motivos: "setillos", "empedrados" e "espiral". Nestes puntos o ouro non atravesa o lenzo, senón que se superpón á tea; para a súa realización o bordador ten na súa man esquerda a broca cos fíos de ouro que vai desenrolando e estendendo, mentres que coa dereita suxeita a agulla co fío de seda, que é a que atravesa o bastidor para fixar o metal á tea. Estes motivos están realizados con fío mostra; este tipo de fío moi empregado na actualidade, está formado por varios fíos de seda recubertos por unha fina lámina de cobre dourada ou prateada, que se coñece na documentación como ouro falso; a labor é igual de vistosa pero de peor calidade e por suposto máis barata. O resultado é unha peza primorosa, mostra da calidade acadada por algunha destas prendas da indumentaria litúrxica utilizadas nas nosas igrexas e mosteiros, e das que sería moi necesario facer un inventario e mirar pola súa conservación.
Datación 1701=1800
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Procedencia Cañón (San Lourenzo)
Clasificación Razonada A bolsa de corporais pertence á indumentaria lítúrxica dentro da sección de tecido. Ingresou por compra en 1956, procedente da pequena parroquia de San Lorenzo de Cañón, Arciprestazgo de Celanova.
Bibliografía VEIGA ROMERO, A. M; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, S. Bolsa de corporais. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 10/2005. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2005_10_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Catalogación Veiga Romero, Ana María
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6