Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000228
Clasificación Genérica Obxectos litúrxicos
Objeto/Documento Cristo
Materia/Soporte Cobre
Esmalte
Técnica Fundición
Esmalte escavado
Sobredourado
Dimensiones Altura = 17 cm; Anchura = 13 cm; Profundidade = 0,30 cm
Descripción Cristo coroado e cravado na cruz con catro cravos, vitorioso sobre a morte. Realizado en cobre sobredourado con esmaltes champlevé estilo Limoges. Modelo plenamente románico. O esmalte circunscríbese ao faldón de Cristo estando o resto protexido cunha lámina dourada, para evitar a oxidación.
Iconografia Crucificado
Datación 1101=1300
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Uso/función Cruz de altar
Clasificación Razonada Pódese considerar como un feito irrefutable que a finais dos séculos XII e XIII, Limoges mantivo en torno á igrexa de San Marcial un centro de produción de esmalte escavado que fornecía de esmaltes a todo o sur de Europa, unificando a produción e impondo o seu estilo, sobre todo en obras de pequena envergadura.
A representación de Cristo na cruz aparece tardiamente na iconografía cristiá. Durante moito tempo evitouse a imaxe do martirio por considerala infamante; a idea de admitir a imaxe de Deus convertido en oprobio, condenado á pena máis vil repugnou aos primeiros cristiáns. É a partir do século V, como reacción ás doutrinas monofisitas, cando se comezou a representar a Cristo vivo e triunfante segundo modelos bizantinos. Esta visión de Cristo como Rei de Reis e Señor de Señores acadou a súa madurez iconográfica no románico, que o representa con túnica talar ou con gran perizonium, coroado e cravado na cruz con catro cravos. É o Cristo de Cluny, o que conduce as Cruzadas e o que protexe o camiño de Santiago. Esta visión de Cristo tan afastada da beleza natural tiña que encher unha función expresiva ao servizo dunha idea relixiosa. Por medio da forma o que o contempla debe ser movido a un íntimo vivir e sentir feitos relixiosos. Poránselle diante a sublimidade e a maxestade do divino. A finais do século XIII, este concepto irase transformando nunha relación persoal e cálida cun Cristo humano e doloroso, do que nace unha nova representación de Cristo.
A peza responde a un modelo plenamente románico, por outra parte de longa tradición en Galicia. O máis probable é que formase parte dunha cruz procesional latina, de ápices ensanchados, con ánima de madeira recuberta con láminas de cobre e adornada de chatóns e esmaltes do mesmo estilo dos que aínda conserva a figura de Cristo. Aos pés, como era tradicional, situaríase a figura da Virxe, testemuña de excepción e corredentora; no brazo menor a cartela: I N R I. e o Tretamorfos. No reverso posiblemente figuraría San Xoán. Crucificados deste tipo consérvanse no Museo Arqueolóxico de León e no Arqueolóxico Nacional.
A súa funcionalidade, como cruz de altar, confundiríase ordinariamente coa súa función procesional, xa que ata o século XV usábanse indistintamente. Durante as procesións eran levadas en alto sobre hastil ou simplemente na man e, posteriormente, colocadas detrás do altar durante o sacrificio da misa. En Santiago de Compostela as crónicas contan que máis de trescentas destas cruces saían nas procesións máis solemnes.
Bibliografía Crónica del Museo. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. 03/1898, nº1. p. 16; I.

GALLEGO LORENZO, J. Documentación sobre cuatro apliques y una píxide de Limoges en el Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Boletín Auriense. Ourense (l): 2005, XXXV.p. 180, fig. 1.

GALLEGO LORENZO, J. Esmaltes románicos en Galicia: ensayo de catalogación. 1985. Tese de Licenciatura (inédita), Universidade de Santiago.

VEIGA ROMERO, A. M. Cristo románico. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2001. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2001_02_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 128-131; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 07/03/1898
Catalogación Veiga Romero, Ana María
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6