Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE005227/56
Clasificación Genérica Metais; Elementos domésticos
Objeto/Documento Filtro
Tipología/Estado de auga
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Perforado [A placa de bronce foi perforada mediante o uso dun punzón ao cal se lle aplicaba forza cun martelo.]
Dimensiones Diámetro = 8,85 cm; Grosor = 0,06 cm; Peso = 22,36 gr
Descripción Placa de bronce de forma circular, lixeiramente cóncava, con múltiples perforacións punzonadas, pequenas e irregulares na zona central. Para poder ser fixado a un soporte leva catro orificios de maior tamaño, colocados de maneira equidistante nos extremos.
Datación 1=175 (Século I - mediados do século II)
Contexto Cultural/Estilo Alto Imperio Romano
Galaico-romano
Lugar de Procedencia San Tomé (Tras do Hospital)
Lugar Específico/Yacimiento Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Clasificación Razonada Este tipo de placas aparecen con frecuencia en xacementos romanos, principalmente relacionados con "castella aquae", "impluvia", conducións, estanques ou piscinas. Eran utilizados para reter pequenas impurezas presentes na auga, ben para a súa decantación, ben para evitar posibles obstrucións en canles e canalizacións. As catro perforacións de maior tamaño servirían para fixar con cravos dito filtro a unha parede ou chan, facilitando a súa colocación.
Foi localizado no "Sector II. Cuadrícula E. Capa 1ª" do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé, o que lle confire cronoloxía Altoimperial
Bibliografía GONZÁLEZ SOUTELO, S. El valor del agua en el mundo antiguo. Sistemas hidráulicos y aguas mineromedicinales en el contexto de la Galicia romana. Coruña (A) (l): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2011. pp. 277-282.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé. Guía Arqueolóxica. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2000. p. 51.

VV.AA.. Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Ourense (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2019. p. 81, nº 35.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6