Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004450
Clasificación Genérica Pratería; Elementos domésticos
Objeto/Documento Mancerina
Autor/a Real Fábrica de Pratería de Martínez
Materia/Soporte Prata
Técnica Fundición
Dimensiones Salvilla: Anchura = 12 cm; Lonxitude = 22 cm
Varandiña: Altura = 3,50 cm; Diámetro boca = 9 cm
Descripción "Salvilla" de tipo rectangular e perfil ondulado, coas beiras elevadas e decoradas por sinxelos motivos calados que debuxan unha palmeta nos lados curtos, formando as asas. O borde presenta un cordón sogueado. O campo é liso e mostra no centro unha pequena varanda o abrazadeira formada por sete follas de acanto inscritas en formas lanceoladas, que se curvan cara a fóra. No reverso figuran os punzóns que a identifican como peza madrileña de 1845 saída da Real Fábrica de Pratería: castelo e escudo coroado co oso e o érbedo, ámbolos dous sobre a cifra 45 - contrastes oficiais da Corte e Vila de Madrid respectivamente-, e punzón dentro dun selo bilobulado, marca correspondente a Fábrica de Martínez.
Iconografia No pocillo: Motivos vexetais;
No centro con remate de sete follas de acanto inscritas en pétalos, curvadas cara a fóra
Firmas/Marcas/Etiquetas No reverso, Gravado
z / M (dentro dun selo bilobulado) [Castelo e escudo coroado con oso e érbedo, ámbolos dous sobre a cifra 45.]
Datación 1845
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea [Os punzóns identifícana como peza madrileña de 1845 saída da Real Fábrica de Pratería, e as marcas correspondentes a Fábrica de Martínez. Esta importante fábrica non estaba xa nas mans do seu fundador, o ourive aragonés Antonio Martínez Barrio, senón do seu xenro, D. Pablo Cabrero y Cosculluela, que perfecionará o método de producción industrial inaugurado coa fábrica, en 1778, e quen dirixirá a empresa no momento de maior expansión e difusión da súa pratería industrial.]
Lugar de Producción/Ceca Madrid (España, Europa)
Uso/función Doméstico. Funcional e contenedor
Clasificación Razonada Segundo Cruz Valdovinos, o tipo de mancerina caracterizado pola "salvilla" rectangular, asas laterais e pequena varanda baixa con motivos vexetais naturalistas foi o que se impuxo na corte de Isabel II substituíndo ao dominante baixo Fenando VII, de prato circular e varandiña alta calada con cenefas de motivos neoclásicos. Este autor apunta que malia non terse determinado a orixe destas mancerinas, é posible que fosen unha tipoloxía creada pola Real Fábrica da que se coñecen algúns exemplares como un do Museo Municipal de Madrid, datado en 1836, e da que se crearon variantes como as das mancerinas de dúas varandiñas, para o pocillo de chocolate, a maior, para termar do vaso de auga que acompañaba. Este novo tipo comeza a afastarse da estética neoclásica imposta desde os comezos da Fábrica par a achegarse xa a sensibilidade romántica, cos seus motivos vexetais e naturalistas.
Bibliografía CRUZ VALDOVINOS, J. Catálogo de la Platería. Madrid: 1982. Museo Arqueológico Nacional.

LORENZO RUMBAO, B. Mancerina. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 09/2007. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2007_09_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Catalogación Lorenzo Rumbao, Belén
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6