Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE005239
Clasificación Genérica Pavimentos
Objeto/Documento Mosaico
Materia/Soporte Cerámica
Pedra
Técnica Musivaria
Dimensiones Altura = 26,50 cm; Anchura = 101 cm; Lonxitude = 123 cm
Descripción Mosaico de tema mariño cunha decoración organizada en bandas horizontais. No fragmento conservado identifícanse, de abaixo arriba, dúas filas de bandas en zigzag, de teselas grises, representando a auga; un prago á dereita e o arrinque da testa dun fodón ou faneca, tamén a dereita; unha nova ringleira de auga e por riba un ourizo (ou flor de auga), seguido de dúas ameixas dispostas en paralelo, e ondas mariñas amosadas como un grupo de liñas curtas paralelas rematadas nun dobre apéndice (elemento que dá a sensación de movemento característico da musivaria do Noroeste peninsular). Separadas por outra representación da auga, superpóñense unhas ondas mariñas, outras dúas ameixas e parte da cola e do corpo dun golfiño, á esquerda (segundo un modelo característico do Baixo Imperio).
Datación 301=400
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Uso/función Decorativa
Lugar de Procedencia Parada de Outeiro (Santa María)
Lugar Específico/Yacimiento Igrexa parroquial
Clasificación Razonada O mosaico ("opus tessellatum") é un tipo de pavimento empregado como elemento decorativo nos solos, fabricado a base de teselas (pezas cúbicas máis ou menos regulares) compostas de diversos materiais: pedras de diversos tipos, entre as cales sobresaen os mármoles de diferentes tonalidades; vidro transparente e coloreado ou ben opaco, cerámica (incluso vidrada) ou pasta vítrea.
Utilizábanse en espazos públicos, edificios oficiais, residencias imperiais ou en casas de personaxes de certa relevancia social.
Na parte perdida do mosaico de Parada de Outeiro aparecían na ringleira superior, á esquerda, un sargo e unha robaliza, e debaixo, ao lado do golfiño, un fodón ou faneca en sentido transversal. En medio de todos eles, froles de auga e ameixas rompían o esquema decorativo en bandas, potenciado polos dous xeitos de representar o movemento.
Bibliografía CHAMOSO LAMAS, M. Hallazgos arqueológicos en Parada de Outeiro (Orense). Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1954, IX. p. 313.

DÍEZ DEL CORRAL CORREDOIRA, P. El mar en el fin del mundo: Océano en la musivaria de Gallaecia. Gallaecia. Santiago de Compostela: 2004, nº 23p. 38.

FERRO COUSELO, J. Guía abreviada del Museo Arqueológico y de Bellas Artes de Orense. Boletín Auriense. Ourense (l): 1974, IV, pp. 199-237. p. 215.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Mosaico romano de Parada de Outeiro. Peza do mes. Ourense (l): Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 12/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_12_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VÁZQUEZ URTIAGA, X. A. Novos restos romanos de Parada de Outeiro (A Limia, Ourense). Boletín Auriense. Ourense (l): 1978, VIII.p. 327.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 1960[ca]-1974[ca]
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Mª Dolores Álvarez Rey

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6