Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE000684
|
Clasificación Genérica |
Gravado
|
Objeto/Documento |
Prancha
|
Autor/a |
Esculpido por: Ferro Requeixo, Gregorio
|
Título |
San Rosendo
|
Materia/Soporte |
Cobre
|
Técnica |
Gravado
|
Dimensiones |
Anchura = 32 cm; Lonxitude = 51,50 cm
|
Descripción |
Representa a San Rosendo como bispo no corpo principal dun retablo neoclásico, con dous anxos sostendo un escudo no remate e previsto de pedestal cunha lenda.
Nas xambas figuran seis medallóns que adoptando o "estilo Imperio" representan episodios da vida do Santo: aparición do anxo á Santa Ilduara, o carro de bois transportando a pía do bautismo e levada polos anxos a San Miguel de Couto, a consagración de San Rosendo como bispo, a resurrección dos obreiros castigados, San Rosendo liberando a Galicia dos Normandos e a morte do Santo en Celanova.
O gravado resólvese con elegante debuxo de extraordinaria minuciosidade nos detalles. Destaca a ambientación das escenas, con mobiliario e roupaxes propios da época e as figuras de canon redondeado, cheas de dozura.
|
Iconografia |
San Rosendo
|
Inscripciones/Leyendas |
Placa do pedestal SAN ROSENDO OBISPO FUNDADOR, MONGE. ABAD, Y PATRONO DEL R. MONASTERIO BENEDICTINO DE CELANOVA, DONDE SE VENERA SU SANTO CUERPO. ADERn. Y EXPENSAS DE F.M.o.CPoAd
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
Ángulo inferior dereito MORENO INCt. Ángulo inferior esquerdo FERRO DELt Ao 1799
|
Datación |
1799
|
Contexto Cultural/Estilo |
Neoclásico
|
Uso/función |
Devocional
|
Clasificación Razonada |
Trátase, sen dúbida, dun dos máis fermosos gravados que sobre advocacións galegas foron realizados en Madrid. Responde este feito a unha práctica habitual dende a segunda metade do século XVIII como era o encargo de láminas a artistas foráneos, normalmente vinculados aos círculos académicos madrileños nun momento no que a arte do gravado, fortemente impulsada dende a Academia de San Fernando, acada especial preponderancia con gravadores como Manuel Salvador Carmona. A ese "bo gusto" ilustrado respondían os modelos estéticos de quen dende Galicia encargaba gravados, buscando unha calidade e un refinamento que non encontraban nos obradoiros propios.
Neste sentido a produción dos talleres tipográficos galegos, asentados fundamentalmente en Santiago, e o labor dos gravadores locais - na maioría dos casos artesáns prateiros que complementaban o seu labor co do gravado-, quedaba relegada a satisfacer a demanda de estampas destinadas a libros de contido relixioso ou outras de reducido tamaño dirixidas a despertar a devoción entre as clases populares, sendo a súa calidade xeralmente mediocre.
Esta lámina de san Rosendo, segundo se desprende da lenda que leva o pé, foi un encargo realizado polo abade de Celanova frei Mauro Crespo, quen podemos supor interviría no programa iconográfico, encamiñado a ensalzar a figura do Santo fundador, mostrando os exemplos paradigmáticos da súa vida. Do debuxo da estampa é autor o pintor galego Gregorio Ferro Requeixo (1742-1812), artista formado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
|
Bibliografía |
COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Noticias. 11/1906. p. 96; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, III, nº 53. COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Libro de Actas. Comisión de Monumentos de la Provincia de Orense. 19/5/1895-3/3/1944. p. 91. Sesión ordinaria de 1 de febrero de 1907 FILGUEIRA VALVERDE, X. Grabados compostelanos. Catálogo, nº 309 del cat.. FILGUEIRA VALVERDE, X. Un retabro de San Rosendo. Faro de Vigo. 05/03/1977. LORENZO RUMBAO, B. San Rosendo Bispo. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 03/2002. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2002_03_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
|
Forma de Ingreso |
Doazón
|
Fecha de Ingreso |
01/02/1907
|